Inicio Últimas Noticias Compostela participa na feira do sector aéreo máis importante de Europa

Compostela participa na feira do sector aéreo máis importante de Europa

TURISMO
Compostela participa na feira do sector aéreo máis importante de Europa

23/04/2024 A entidade municipal tamén participou a comezos de abril na III Xornada de Concetividade Aérea organizada por Turespaña e Aena.

Turismo de Santiago participa en “Routes Europe”, a feira do sector aéreo máis importante do continente, que este ano celénbarse en Aarhus, Dinamarca, do 22 ao 24 de abril. Tratase dun evento dirixido a liñas aéreas, aeroportos e destinos, que proporciona unha oportunidade para establecer contactos coas persoas que toman as decisións respecto do establecemento e consolidación de rutas aéreas.Nesta feira a entidade municipal de promoción turística ten axendadas máis de dez reunións con diferentes compañías aéreas, co obxectivo de presentarlles o destino e as oportunidades que o aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro para o seu crecemento no noroeste peninsular.Ademais destas reunións, que permitirán establecer contactos para traballar a medio prazo con estas compañías, Turismo de Santiago esta asistindo tamén a diferentes charlas e mesas redondas nas que participan responsables de liñas aéreas sobre a situación do sector e a súa previsible evolución nos vindeiros anos.Coa participación en Routes Europe, Turismo de Santiago continúa co seu traballo na promoción de Compostela como destino turístico, neste caso a través do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro como punto de entrada ao destino. Esta é a segunda ocasión na que Turismo de Santiago participa nesta feira do sector aéreo europeo. A primeira vez tivo lugar na edición que se celebrou en Bilbao no ano 2018.Cabe lembrar que a comezos de abril, Turismo de Santiago participou tamén na III Xornada de Conectividade Aérea, organizada conxuntamente por Turespaña e Aena. A xornada diríxese exclusivamente a destinos turísticos, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional e coordinar as mensaxes fundamentais de forma unificada e eficaz.

Leer más:   O Pleno aproba de forma definitiva o Plan especial de infraestruturas para a creación da plataforma loxística de mercadorías no Tambre

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEstudio revela cómo el color influye en la actividad cerebral, un proyecto de Ikea y neurocientíficos
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.