Inicio Últimas Noticias Últimos días para inscribirse no programa de conciliación de verán VacaLudos no...

Últimos días para inscribirse no programa de conciliación de verán VacaLudos no Espazo María Miramontes

EDUCACIÓN
Últimos días para inscribirse no programa de conciliación de verán VacaLudos no Espazo María Miramontes

22/04/2024 Ata o 24 de abril segue aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación de verán VacaLudos, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) entre os meses de xuño e setembro.

O programa dividirase en seis quendas: a primeira, do 24 ao 28 de xuño; a segunda, do 1 ao 12 de xullo; a terceira, do 15 ao 31 de xullo; a cuarta, do 1 ao 14 de agosto; a quinta, do 19 ao 30 de agosto; e a sexta, do 2 ao 10 de setembro.As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo de 1 quenda, a non ser que haxa prazas dispoñibles noutras. No caso de quedar prazas baleiras nalgunha das quendas asignaranse tamén segundo os criterios de prioridade fixados e será a única vía para a adxudicación de máis de 1 quenda. As persoas usuarias deberán solicitar, unicamente e por orde de prioridade, as quendas de interese. O Centro asignará as prazas en función dos criterios de acceso e da prioridade seleccionada polas familias solicitantes.As actividades son de balde e a publicación das listaxes de admitidos/as terá lugar o 10 de maio. A solicitude de matrícula realizarase segundo as indicacións recollidas no documento ao pé desta información.O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) está ubicado na Rúa Fontes do Sar, núm. 3, en Santiago de Compostela. Conta cunha superficie total construída de 1.080,50m2 e unha superficie útil de 730,63 m2, dividida en dúas plantas.Ten unha finalidade lúdica, socioeducativa, cívica, cultural e inclusiva, cun proxecto cuxo obxectivo principal é garantir o dereito dos nenos e nenas ao xogo e a colaborar, así, no desenvolvemento integral da persoa, polo que está equipado cun fondo organizado de xogos, xoguetes, libros e outros elementos lúdicos adecuados á súa idade. Inclúen espazos psicomotrices, áreas de xogo simbólicas e tamén xogos multimedia.

Leer más:   O Concello reúnese coas asociacións de hostalería para analizar a nova convocatoria dos Bonos Corazón

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Tragedia en Ferrol: Un corredor de 52 años en muerte cerebral tras ser atropellado en una fuga
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.