Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a mellora das instalacións...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a mellora das instalacións deportivas de Figueiras

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a mellora das instalacións deportivas de Figueiras

22/04/2024 O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao proxecto básico e de execución para a mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras por un importe de 355.699,97 euros ao abeiro do POS+2024 da Deputación da Coruña. Tamén se acordou o inicio dos trámites para a recepción das obras de pavimentación no lugar de Aradas (A Peregrina) e na rúa Elena Quiroga-A Barca e na Braña da Silvouta, ambas as dúas na parroquia de Villestro, tamén no marco do Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña de anos precedentes.

O executivo municipal autorizou esta mañá o proxecto básico e de execución das instalacións deportivas da parroquia de Figueiras, un documento aprobado en outubro de 2022 e que, tras a actualización pertinente, será remitida á Deputación Provincial da Coruña para proceder á apertura do procedemento de adxudicación do contrato de obra.As intervencións recollidas no proxecto teñen por obxecto a cubrición da pista deportiva exterior, a dotación dunha pista de pádel e a reforma e reordenación dos espazos destinados a vestiarios. Estas obras de mellora levaranse a cabo ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) – POS+ 2024 e contará cun orzamento de 355.699,97 euros (293.966,92 € + 61.733,05 € de IVE) e un prazo de execución de catro meses.A pista exterior, cunhas dimensións aproximadas de 42 x 20,60 metros, cubrirase mediante dous pórticos lonxitudinais formados por alicerces prefabricados de formigón armado de sección rectangular. Transversalmente a estes pórticos disporanse unha serie de vigas de formigón armado e, entre estas, chapa curva de aceiro galvanizado que nalgúns puntos estará substituída por placas traslúcidas, coa mesma xeometría, co fin de permitir o paso de luz natural. Completarase cun faldón superior perimetral realizado con chapa metálica perforada. A instalación dotarase, ademais, de iluminación artificial.Tamén se habilitará unha pista de pádel nunha zona libre de parcela contigua ao actual edificio dos vestiarios, que contará cunhas dimensións interiores de 20×10 metros e cumprirá coa normativa vixente en canto a dimensións, muros de peches, áreas exteriores de xogo, pavimento…requirida para este tipo de instalacións.Ao respecto da mellora da accesibilidade, tendo en conta que na actualidade o acceso á pista deportiva e aos vestiarios é inviable para as persoas con mobilidade reducida, reordenarase o acceso a estas instalacións co fin de facilitar a súa utilización non discriminatoria, independente e segura para as persoas con discapacidade. Para isto, susbstituirase as actuais escaleiras por unha rampla de dobre sentido co obxectivo de salvar o desnivel existente. Tamén se intervirá nos vestiarios adaptando unha das tres unidades que os conforman para o seu uso por parte persoas de mobilidade reducida.Recepción de obras na Peregrina e VillestroO Goberno municipal tamén autorizou o inicio de trámites para proceder á recepción do proxecto de execución das obras de pavimentación no lugar de Aradas (A Peregrina), realizado ao abeiro do POS+2022 – Adicional 2/1ª fase. Esta intervención consistiu na construción dun pavimento de 18 cm de formigón sobre unha capa de zahorra de 15cm, así como a mellora da sinalética e instalación dun colector de PVC con pozos de rexistro e sumidoiros na zona central do viario para a mellora da drenaxe.Tamén se deu luz verde á recepción das obras executadas na rúa Elena Quiroga (A Barca) e na Braña (Silvouta), ambas as dúas na parroquia de Villestro. Realizadas no marco do POS+2021, levouse a cabo o asfaltado e o aglomerado en quente de duos tramos: o que conecta a rúa de Muros co SUNP-25 Roxos-Quintáns, concretamente a rúa Elena Quiroga, e un tramo do vial que une a rúa de Muros coa Braña de Silvouta, concretamente o primeiro, no que se atopan as vivendas.Outros asuntosO executivo municipal tamén acordou concecer a licenza a Merendero do Restollal Soc Coop Galega para a construción dun edificio de 20 vivendas protexidas de réxime especial, 22 vivendas libres, 4 oficinas, garaxes e trasteiros en varias parcelas sitas na rúa Restollal, na rúa Josefa García Segret, na rúa Alejandro Pérez Lugín e na parte inferior de rúa Manuel Vazquez Cacharrón. Esta obra conta cun orzamento de execución material de 2.100.000 euros.Tamén se deu luz verde esta mañá ao convenio de colaboración para o ano 2024 entre o Concello de Santiago e a Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual (ASPAS) por unha contía de 6.000 euros.Ademais, aprobouse unha modificación para fixar a apertura da Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños durante o vindeiro mes de agosto, en substitución da escola infantil de Fontiñas, na que se realizarán unha serie de actuacións de mantemento durante este verán dentro do Plan municipal de obras.

Leer más:   Alarma en Ferrol: incendio en un concesionario desata un operativo de emergencias

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Tragedia en Ferrol: Un corredor de 52 años en muerte cerebral tras ser atropellado en una fuga
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.