Inicio Últimas Noticias A Concellaría de Centros Socioculturais súmase ao Día da Danza coas xornadas...

A Concellaría de Centros Socioculturais súmase ao Día da Danza coas xornadas “Bailando a vida”

CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellaría de Centros Socioculturais súmase ao Día da Danza coas xornadas “Bailando a vida”

22/04/2024 O Centro Sociocultural do Romaño acollerá os días 4 e 5 de maio as xornadas “Bailando a vida”, organizadas pola concellaría de Centros Socioculturais para celebrar o Día da Danza. Mañá abre o prazo de inscrición para participar na actividade, que tén como obxectivo achegar esta disciplina de maneira activa e inclusiva a calquera persoa, a marxe da súa idade ou condición física.

“Bailando a vida” é unha proposta conducida por Martha Franco, formada en diferentes disciplinas pedagóxicas e artísticas, que pretende achegar a danza a diferentes públicos, como forma de expresión e de relación cos demais e como ferramenta para poñer en valor a capacidade creativa de todas as persoas. Ademais, preséntase esta disciplina como maneira de conectar co propio corpo e de autocoidado e benestar persoal. O baile é unha actividade que ten moi boa acollida na rede de centros socioculturais, e na actualidade contabilízanse 25 grupos con propostas como hiphop, baile tradicional, bailes de salón, bailes latinos ou baile moderno.No marco deste programa prevense dous obradoiros diferentes. O sábado, 4 de maio, a actividade está dirixida a persoas adultas. A sesión comezará ás 17.00 horas, co obradoiro “O corpo como instrumento expresivo”. A partir das 19.15, haberá unha mostra de danza e conversa coas persoas participantes. Xa no doningo 5 de maio, a actividade diríxese ao público familiar, co obradoiro de danza “Xuntos bailamos mellor”, que se desenvolverá de 12.30 a 13.30 horas.A actividade é de balde, pero é preciso inscribirse no teléfono 981 54 30 05. Hai 25 prazas por actividade, que se cubrirán por orde de chamada.

Leer más:   Ourives de Compostela lanzará, en 2023, un selo de calidade para diferenciar os seus produtos

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Tragedia en Ferrol: Un corredor de 52 años en muerte cerebral tras ser atropellado en una fuga
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.