Inicio Últimas Noticias A corporación municipal súmase ao apoio ás persoas afectadas polo lupus cunha...

A corporación municipal súmase ao apoio ás persoas afectadas polo lupus cunha declaración institucional que se aprobará o vindeiro mércores

PLENO
A corporación municipal súmase ao apoio ás persoas afectadas polo lupus cunha declaración institucional que se aprobará o vindeiro mércores

21/04/2024 O Pleno do Concello aprobará o vindeiro mércores 24, na sesión ordinaria do mes de abril, unha declaración institucional apoiada por todos os grupos municipais que, baixo o lema ‘Non deixes que o lupus gañe: rebélate contra o lupus’, busca visibilizar esta enfermidade cuxo día mundial se celebra o 10 de maio.

Os catro grupos municipais aprobarán o vindeiro mércores esta declaración na que expresan “o apoio e o recoñecemento cara ás persoas con lupus, ás súas familias e ás asociacións de pacientes que diariamente traballan para a creación dunha clara conciencia social da enfermidade, dirixindo as súas actuacións cara ao diagnóstico precoz e o tratamento desde o enfoque terapéutico e multidisciplinar”. Así mesmo, demandarán “que se leven a cabo as accións pertinentes e se destinen os recursos necesarios para dar resposta a estes retos e paliar a situación de especial vulnerabilidade, así como garantir, con equidade, os dereitos das persoas con lupus e as súas familias, coa consciencia de que para unha enfermidade crónica para a que non existe cura, como esta e moitas outras, a investigación e o acceso á innovación é vital”.O lupus é unha enfermidade autoinmune crónica que afecta a 5 millóns de persoas en todo o mundo e a súa prevalencia ascende a 210 casos por cada 100.000 habitantes en España. A pesar destas elevadas cifras, preto do 60% das persoas non saben en que consiste o lupus ou tan só coñecen o nome da enfermidade, o que a converte nunha enfermidade invisible para a poboación en xeral, menos para quen a padece. Son especialmente mulleres as afectadas, xa que representan o 90% dos casos de lupus desenvolvendo a enfermidade entre os 15 e os 55 anos.De entre os distintos tipos, o lupus eritematoso sistémico (LES) representa aproximadamente o 70% de todos os casos e a metade deles ve afectado un órgano ou tecido importante no corpo, como o corazón, os pulmóns, os riles ou o cerebro. Aínda non existe cura nin tratamento efectivo para previr o dano orgánico a longo prazo que provoca o lupus. Unha enfermidade impredicible que, de non tratarse, pode aumentar a discapacidade e incapacidade da persoa afectada e ser potencialmente mortal.Con motivo do Día Mundial do Lupus, baixo a lema “Non deixes que o lupus gañe: rebélate contra o lupus”, a Federación Española de Lupus (FELUPUS) busca afoutar os pacientes que non deben renderse fronte ao lupus e insta as administracións a actuar xuntas, manifestando o seu recoñecemento e apoio ás persoas que conviven con esta enfermidade e declarando o seu compromiso para contribuír a dar resposta ás necesidades non cubertas en España.Para iso, fan fincapé na necesidade de traballar na consecución de catro retos: “promover un sistema de saúde público e de calidade que garanta a equidade e uniformidade durante os procesos de diagnóstico, tratamento e seguimento da enfermidade; impulsar a innovación e a investigación promovendo o intercambio de coñecemento científico e o impulso de novos avances no descubrimento de tratamentos; aumentar os fondos tanto públicos como privados para a investigación do lupus; garantir o acceso en equidade aos tratamentos e a novas terapias; e recoñecer adecuadamente o dano orgánico acumulado do lupus e o seu impacto no benestar físico, mental e ocupacional dos pacientes”.

Leer más:   A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a mellora das instalacións deportivas de Figueiras

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCulmina con éxito la reconstrucción del artesonado del Monasterio de Sigena en Úbeda
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.