Inicio Últimas Noticias Abre o aparcadoiro habilitado polo Concello mentres se realizan as obras de...

Abre o aparcadoiro habilitado polo Concello mentres se realizan as obras de ampliación do CHUS

MOBILIDADE E OBRAS
Abre o aparcadoiro habilitado polo Concello mentres se realizan as obras de ampliación do CHUS

20/04/2024 O Concello de Santiago vén de abrir o aparcadoiro provisional que se acondicionou desde o departamento de Proxectos e Obras, en colaboración con Tráfico, para lles dar servizo ás persoas usuarias do complexo hospitalario mentres se efectúan as obras de ampliación desa dotación sanitaria.

Trátase dunha parcela municipal de 3.000 m2, situada a 150 metros da porta do hospital, que contou cunha intervención de urxencia que incluíu as rozas da vexetación, escavación, formación de noiros, obras de acceso e de canalización de saneamento de augas pluviais, ademais do acondicionamento da superficie para habilitala como zona de aparcadoiro provisional, con acceso desde a avenida de Barcelona, pola rúa da Eira da Palleira. O orzamento desta actuación foi de 37.447 euros (IVE engadido).”Con estas 151 prazas deste novo aparcadoiro que vimos de abrir, queremos contribuír a darlle solución a unha dificultade coa que se atopan as persoas que veñen ao CHUS, como é a falta de zonas de estacionamento”, explicou o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, durante unha visita ás instalacións que realizou xunto co concelleiro de Mobilidade, Xan Duro.”Este era un dos compromisos que se lle trasladara á Xunta como unha das achegas do Concello, para o que nos encargamos da redacción e da execución do proxecto coa máxima celeridade”, engadiu. Incidiu tamén en que, coa posta en funcionamento destas novas prazas de aparcadoiro, é necesario que se sexan usadas de xeito responsábel, por persoas usuarias do CHUS, para favorecer a rotación e a utilización por un maior número de vehículos posibles cada xornada.Pola súa parte, o concelleiro de Mobilidade lembrou que “os traballos de ampliación do Clínico primeiro, e o inicio das obras do Centro de Protonterapia despois, fan imprescindible o acondicionamento de novas prazas de aparcamento destinadas ás persoas usuarias o CHUS, posto que o estacionamento provisional habilitado pola Xunta está reservado para o persoal traballador do hospital”.Xan Duro recordou que este espazo “súmase ao aparcamento municipal de Santa Marta, e tamén ás prazas da nova zona ORA da contorna do CHUS, que seguen rexistrando un elevado nivel de utilización, con altas rotacións que non existían antes de que se pintara a zona azul”. Os últimos datos apuntan a que máis de 700 vehículos estacionan diariamente nas 273 prazas habilitadas.

Leer más:   Compostela súmase ás reivindicacións do 25N coa lectura dunha declaración institucional contra a violencia machista

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEspaña lidera en sostenibilidad en el sector de compras profesionales
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.