Inicio Últimas Noticias O Concello súmase á celebración do 25 de abril homenaxeando ao cantautor...

O Concello súmase á celebración do 25 de abril homenaxeando ao cantautor luso Zeca Afonso

CAPITAL CULTURAL
O Concello súmase á celebración do 25 de abril homenaxeando ao cantautor luso Zeca Afonso

19/04/2024 Conmemorando os 50 anos da “Revolução dos Cravos” a praza de música acollerá o vindeiro xoves 25 de abril ás 18:30 horas un acto popular aberto a toda a cidadanía para cantar colectivamente a ‘Grândola Vila Morena’ de Zeca Afonso, intepretada por primeira vez polo autor no mesmo lugar en 1972. A celebración continuará ás 20:30 horas no Teatro Principal co concerto ‘50 anos de abril’ no que artistas galegos e lusófonos interpretarán varias pezas do cantautor portugues neste evento promovido por AJA Galiza co apoio do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, a deputada provincial de Cultura, Natividade González, e o presidente de AJA Galiza, Odilo G. Carnero, presidente de AJA Galiza, presentaron esta mañá en rolda de prensa algúns dos eventos centrais que terán lugar do vindeiro 25 de abril con motivo da conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis.Míriam Louzao recordou “son moitos e ben estreitos os lazos que a cidade de Compostela mantén co país veciño, así como coas creadoras e creadores da Lusofonía, e moitas as iniciativas, proxectos e redes que nos irmandan coa sociedade portuguesa” e adiantou que o Concello participará de xeito activo nas “múltiples homenaxes a esa revolución pacífica que supuxo a restauración da democracia e da que agora se cumpren 50 anos”.A concelleira convidou a toda a cidadanía a unirse ao canto colectivo da composición de Zeca Afonso ‘Grândola Vila Morena’ que se erixiu en himno da liberdade. A acción desenvolverase o vindeiro xoves 25 de abril ás 18.30 horas na praza da Música en Compostela, á entrada do Auditorio. Míriam Louzao recordou que “a primeira interpretación pública de ‘Grândola Vila Morena’ tivo lugar en no mesmo espazo en 1972, nun concerto promovido polo estudantado da USC no comedor do pavillón do Burgo das Nacións”.Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse no formulario habilitado na páxina web de Compostela Cultura antes do 21 de abril a través da que “xa confirmaron arredor de 700 persoas”, detallou a edila. Aquelas formacións vocais ou musicais interesadas en tomar parte tamén poden facer unha única inscrición grupal indicando o número de asistentes. As persoas e colectivos rexistrados recibirán a través de correo electrónico a confirmación da inscrición e unhas indicacións breves cara ao desenvolvemento coordinado da acción.”Compostela é un concello vivo, dinámico e de acollida, protagonista de moitos momnetos históricos e cunha clara vocación universal”, polo que “con esta iniciativa tamén buscamos, ademais de celebrar ese día, que este momento histórico que tivo lugar na nosa cidade sexa coñecido por máis xente”, concluíu Míriam Louzao.Concerto 50 anos de abrilA axenda continuará ás 20.30 horas no Teatro Principal co concerto ‘50 anos de abril’ que promove a Associação José Afonso en Galiza (AJA Galiza) co apoio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, con entrada de balde ata completar a capacidade do Teatro. O concerto achegará o repertorio musical de Zeca Afonso desde diferentes estilos a través das versións que farán o dúo compostelán Dara e Manuel, o dúo luso-brasileiro Couple Coffee conformado por Luanda Cozetti e Norton Daiello e o trío conformado por Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido.O dúo Dara e Manuel, integrado por Aldara Palmeiro e Manuel Lucas, dous músicos de Compostela, interpretarán a “canção de intervenção” a través dos seus instrumentos: violín, voz, viola caipira e sintetizador, misturando melodías galegas e do Zeca con bordóns, loops e outros elementos.Pola súa parte, Couple Coffee, o dúo luso-brasileiro conformado por Luanda Cozetti e Norton Daiello, ofrecerán un espectáculo singular con novas sonoridades. Norton Daiello agrega a súa experiencia con Pedro Jóia Trio. Luanda Cozetti cantou como convidada en proxectos diversos que van dende o hip-hop ao fado, pasando pola música africana.Outro dos grupos que actuará será Nacho-Faia-Lar, que achegarán unha proposta que afonda na figura e repertorio do cantante Zeca Afonso desde unha perspectiva transgresora e contemporánea ofrecendo unha visión renovada da obra do cantante portugués cun concerto que se move entre a tradición, a vangarda e a experimentación sonora.Odilo G. Carnero, presidente de Associaçom José Alfonso-Galiza, salientou que con esta concerto preténdense “dar a coñecer os acontecementos da Revolución dos Cravos, ademais de celebrar a chegada da democracia e o florecemento cultural, xunto coa vinculación de Portugal e Galiza a través, precisamente, do fío artístico e reivindicativo que emerxeu naqueles anos de efervescencia das liberdades logo das ditaduras que padeceron en ambos os lugares”.Pola súa banda, Natividade González, en representación da Deputación da Coruña que tamén colabora con este evento, convidou a todos os galegos e galegos “a que se sumen nos vindeiros días a todos os actos que se van celebrar no país, que son moitos” para así poder “coñecer moito máis de cerca a nosa historia a do noso país veciño, que van sempre da man”.AJA-GalizaA AJA-Galiza naceu en 2018 logo de asinar un protocolo coa directiva de Portugal para a súa constitución. Numerosas persoas e colectivos expresaron o seu apoio para impulsar esta asociación que afonda na vinculación do Zeca Afonso co noso país mediante un labor de investigación e difusión do seu legado.Logo destes 5 anos de andaina, a AJA-Galiza organizou máis de 10 concertos, 6 presentacións de publicacións que fixeron xira por diversos puntos da Galiza, 8 exposicións itinerantes, palestras ao vivo e por streaming (por mor da pandemia da covid), un gran mural no Burgo das Nacións, ademais de ter presenza nas principais feiras culturais do país.

Leer más:   Ábrese o prazo de inscrición para o concurso de decoración de Nadal en vivendas particulares

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNovartis anuncia en España una terapia revolucionaria para hidradenitis supurativa, una primicia en diez años
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.