Inicio Últimas Noticias Ábrese o prazo de presentación de solicitude de subvencións para programas e...

Ábrese o prazo de presentación de solicitude de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais

RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de presentación de solicitude de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais

17/04/2024 A partir de mañá, 18 de abril, todas as entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude á “Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2024”, tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.

Poden acollerse a esta convocatoria todas as asociacións veciñais do municipio que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Santiago con anterioridade á publicación no BOP desta convocatoria, teñan os seus datos actualizados e estean ao corrente das súas obrigas tributarias.Segundo as bases, serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento de actividades de interese xeral para a cidadanía, que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 9 de outubro de 2024. Gastos como a prestación de servizos de información, asesoramento, comunicación e divulgacion; de formación e ocio; de participación da cidadanía e apoio a outros colectivos do barrio (debates, asembleas, encontros); así como actividades sociais e outros gastos de funcionamento da entidade (administración, asesoramento, prensa, etc.).Valorarase con ata tres puntos, o interese xeral da actividade ou programa para a veciñanza, a participación, a continuidade do mesmo, ou que se trate de actuacións dirixidas a colectivos desfavorecidos ou con especiais dificultades de inserción social. Valorarase con ata 2 puntos, o número de persoas asociadas á entidade, e con ata un punto, a orixinalidade e carácter innovador do programa ou actividade, a incidencia na promoción da igualdade, a realización en coalboración co Concello e a calidade e deseño da publicidade (folletos, carteis, dípticos…)A contía máxima que se concederá a cada solicitude virá limitada pola puntuación que acade a entidade. O importe subvecionable será, como máximo, o 80% do orzamento de gastos que se detalle no formulario da solicitude, cun máximo subvencionable de 3.000 euros, ou 5.100 euros naqueles casos de entidades veciñais propietarias de equipamentos socioculturais.A presentación de solicitudes, farase a través da sede electrónica do Concello de Santiago (trámite: Solicitude de subvención) e o prazo será de 10 días hábiles a contar desde mañá. As asociacións interesadas poderán presentar a solicitude debidamente cuberta que se recolle no modelo das bases na sede electrónica do Concello de Santiago ou ben a través dos rexistros electrónicos contemplados na Lei 39/2015 de 1 de outubro. Poderanse entregar xustificantes de pago con datas comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 9 de outubro de 2024.

Leer más:   A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas e a UAMI traen a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol'

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa alianza con Arabia Saudí es vital para la economía española, enfatiza Isabel Rodríguez
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.