Inicio Últimas Noticias O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

VÍAS E OBRAS
O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

16/04/2024 As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. O Concello destinará 358.535 euros a estas intervencións que se suman aos labores de conservación e mantemento realizadas nas últimas semanas en numerosas calzadas da cidade.

O concelleiro de Vïas e Obras, Xesús Domínguez presentou esta mañá en rolda de prensa o programa de rehabilitación de firmes de vías urbanas que se porá en marcha nos vindeiras semanas co obxectivo de “atender as necesidades de pavimentación en 8 puntos de Santiago de Compostela que precisan unha intervención máis urxente, tendo en conta as condicións meteorolóxicas dos últimos meses que impediron executar os traballos previstos”.As obras realizaranse na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. En total, o Concello destinará unha suma de 358.535 euros, IVE incluído, que cubrirá as actuacións previas á pavimentación, a xestión de residuos e medidas de seguranza, ademais da aplicación do firme.O concelleiro explicou que estas actuacións levaranse a cabo en “lugares que se consideran de prioridade desde un punto de vista técnico, aínda que somos conscientes de que son moitos os viais que precisan tamén de asfaltado, sobre todo, despois deste inverno de chuvias intensas e continuadas” e anunciou que estas obras “complementaranse con outras intervencións posteriores, co fin de resolver as necesidades de pavimentación, que son moitas tanto no urbano como no rural”.A continuación, Xesús Domínguez detallou as actuacións que se levarán a cabo en cada unha das vías:Na rúa da Presa realizarase en primeiro lugar, a limpeza de bordes do vial. Tras isto, procederase ao fresado de parte do vial para a regularización do mesmo e a posterior reposición con mestura bituminosa en quente.Na rúa do Campo de Santa Isabel levarase a cabo un saneamento do firme nas zonas deterioradas seguido dun fresado da totalidade do vial para a regularización da superficie e a posterior aplicación de mestura bituminosa en quente na totalidade da rúa. Ademais, executarase o pintado do vial correspondente.Tamén se prevé o levantado do conduto de formigón existente, o refinado da base e a súa posterior colocación.Na rúa de Vite de Abaixo realizarase, en primeiro lugar, a limpeza de bordes do vial e o saneamento do firme nas zonas máis deterioradas. Tras isto, procederase ao fresado do vial e á pavimentación na totalidade da rúa. Ademais, executarase o pintado vial correspondente. Tamén se executarán redutores de velocidade con mestura bituminosa en quente que van substituír os redutores existentes.A actuación na avenida do Burgo das Nacións consistirá na execución dunha serie de zonas de pavimentación nas partes máis deterioradas da rúa. Ademais, procederase ao pintado do vial e tamén se executarán dous redutores de velocidade con mestura bituminosa en quente para substituír os existentes.Ao respecto das obras previstas na rúa de Pilar Miró, realizarase o fresado, a demolición e apertura de caixa da zona de estacionamento, así como da marxe norte da rúa para a ampliación do vial. A zona de estacionamento executarase en formigón armado xunto cun conduto que permita a recollida das augas pluviais na zona limítrofe entre o estacionamento e o vial. Na zona na que se amplía o vial, executarase unha capa de grava e finalmente aplicarase o asfaltado en quente. Tamén se pintará o vial.Na rúa do Tambre levarase a cabo o saneamento de firme nas zonas deterioradas, tras isto procederase ao fresado da totalidade do vial e logo asfaltarase na totalidade da rúa. Tamén se pintará e se executarán dous redutores de velocidade que reemprazarán os existentes.A actuación na rúa de San Caetano consistirá na execución de zonas de asfaltado nas áreas máis deterioradas da rúa. Contará con fresado para a regularización da superficie, asfaltado e pintado.Na rúa das Casas da Hedra e na travesa das Casas da Hedra, procederase á limpeza de bordes do vial e ao saneamento do firme nas zonas máis deterioradas. Tras isto, procederase ao fresado para regularización da superficie, asfaltado e pintado.O edil escusouse de antemán polas posibles molestias que poidan causar a execución das obras e solicitou a “colaboración cidadá” xa que “son actuacións necesarias para a mellora da rede viaria de Santiago”.Mantemento das víasXesús Domínguez tamén deu conta das intervencións levadas a cabo nas últimas semanas no marco do contrato municipal de conservación e mantemento de vías, que permitiron aplicar parcheados nas rúas Lisboa, Viena, Berlín, Cruz de Gallaztegui, San Lázaro, Estadio de San Lázaro, Fernando Casas Novoa, Vite de Abaixo, travesa dos Cabalos, Cima da Eira, Conxo de arriba, Porto do Medio, Mallou de Abaixo, Anxo Casal e Pena Maria. Tamén se realizaron recentemente unhas serie de bacheos de urxencia nas rúas da Presa, Burgo das Nacións, avenida de Barcelona, Aller Ulloa, Cancelas, praza de Galicia, Valiño, avenida de Castelao, vía Edison, Cierva, Costa Vella, Cruceiro Coruña, Marconi, Tabaniscas, Tambre, Cañeira, Chaparra, Xoán XXIII, Pena Corveira, Muiña Mira, Porta do Camiño e Manuel María.Ademais adiantou que nas vindeiras semanas realizaranse labores de mantemento das calzadas na Porta do Camiño, As Rodas, praza de Galicia, Doutor Teixeiro, República Arxentina, As Cancelas, París, praza de España no cruzamento co McDonalds e Cruceiro da Coruña.

Leer más:   O Concello solicitará o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan Especial do SU-4 Amio-Meixonfrío

- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Cuándo es el útimo día de clases en Santiago de Compostela? El calendario que necesitas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.