Inicio Últimas Noticias Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia de xénero e...

Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia de xénero e vicaria

IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia de xénero e vicaria

15/04/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o 6 de abril en Málaga e pola muller e os seus dous fillos menores asasinados o 9 de abril en Barcelona, últimas vítimas de violencia de xénero e vicaria.

Membros da Corporación e persoal do Concello participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres e dos menores asasinados. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.A violencia vicaria é aquela que se exerce sobre a muller co fin de causarlle o máximo dano psicolóxico e padecemento a través de terceiras persoas, chegando ao seu grao máis elevado de crueldade co asasinato desas personas (fillos e fillas, nai, pai, parella actual…).

Leer más:   Bota a andar o novo executivo municipal co reparto de áreas e a primeira reunión da Xunta de Goberno local

- Te recomendamos -
Artículo anteriorGestión del agua: el principal objetivo medioambiental del Govern de Marga Prohens en Baleares
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.