Inicio Últimas Noticias Santiago participa na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico que terá lugar...

Santiago participa na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico que terá lugar esta fin de semana en Barcelos

EIXO ATLÁNTICO
Santiago participa na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico que terá lugar esta fin de semana en Barcelos

12/04/2024 Este sábado 13 e domingo 14 de abril celébrase na cidade portuguesa de Barcelos a VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico. Este concurso musical, nado en 2008, contará coa participación de 408 mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal nunhas xornadas abertas ao público. Santiago estará representado pola Banda Sinfónica, polo Coro Profesional do CMUS Profesional de Santiago e por un músico solista.

32 solistas e 343 participantes en agrupacións de 30 escolas de música e conservatorios de 22 municipios del Eixo Atlántico, interpretarán pezas de música clásica e jazz. O/as solistas, de entre 8 e 18 anos, e os grupos, nos que participan mozos de ata 25 años, son de Barcelos, Gaia, Braga, Famalicão, Santa Maria da Feira, Guimarães, Vila do Conde, Fafe, Bragança, O Barco de Valdeorras, Felgueiras, A Coruña, Amarante, Ferrol, Vila Real, Gondomar, Santiago de Compostela, Mirandela, Ponteareas, Esposende, Viana do Castelo e MatosinhosSantiago estará presente na Mostra Musical do Eixo Atlántico representado pola Banda Sinfónica e Coro Profesional do CMUS Profesional de Santiago e un músico solista, que actuarán o sábado 13 de abril. A final e entrega de premios será o 14 de abril.

Leer más:   A Comisión de seguimento do V Plan de Igualdade conta con representación de todas as áreas e servizos do Concello

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorKonecta nombra a Nourdine Bihmane nuevo CEO del grupo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.