Inicio Últimas Noticias Continúa a boa acollida de “TER É MANTER”, que recibe 74 solicitudes...

Continúa a boa acollida de “TER É MANTER”, que recibe 74 solicitudes para este 2024

CONSORCIO
Continúa a boa acollida de “TER É MANTER”, que recibe 74 solicitudes para este 2024

12/04/2024 Os inmobles da Cidade Histórica beneficiaranse desta subvención destinada ao mantemento e rehabilitación.

O pasado mes de xaneiro o Consorcio de Santiago lanzaba unha nova convocatoria do programa “Ter é Manter” de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas, e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, cun orzamento de 800.000 euros. Unha vez finalizada a data límite de presentación de solicitudes, o 12 de febreiro, a Oficina Técnica do Consorcio de Santiago contabilizou un total de 74 propostas.Durante os próximos meses estase a elaborar, por parte do equipo técnico do Consorcio, a documentación técnica solicitada, ademais da evaluación dos proxectos presentados polas persoas e entidades solicitantes. Unha vez realizada a evaluación, poderase determinar a cuantía total da subvención a adxudicar e executar. Mentres se realizan estes traballos técnicos e de evaluación, continúan as obras beneficiarias da convocatoria do ano anterior.Estas subvencións engloban a restauración ou reposición dos elementos especiais de madeira de interese arquitectónico (galerías, ventás e portas de entrada aos edificios), a restauración de reixas, así como as obras complementarias necesarias para a reparación de pedras de soporte deterioradas.Ademais, tamén cubre o mantemento dos elementos da envolvente exterior, como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas, así como obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente exterior, obras de mellora do illamento acústico e consolidación, reposición ou mellora das estruturas tradicionais de madeira.TERÉMANTERTer É Manter busca beneficar tanto a propietarios, arrendatorios como titulares con dereito de uso sobre o inmoble, pero tamén ás comunidades de propietarios. Desde a posta en marcha deste programa no 2006 o Consorcio de Santiago destinou máis de 6.000.000 de euros para as accións de rehabilitación e mantemento. Ademáis, desde a convocatoria ininterrompida no 2017 a cuantía destinada ás vivendas e inmobles da veciñanza compostelá aumentou.Para poder acceder a estas axudas é requisito imprescindible que o inmoble estea localizado no ámbito de actuación do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; que o inmoble a manter teña unha antigüidade superior aos 10 anos e que cumpra coas condicións suficientes de seguridad estrutural e estanqueidade fronte a choiva.

Leer más:   A Xunta de Goberno aprobará este martes o proxecto de execución para a reurbanización do Campus Sur

- Te recomendamos -
Artículo anteriorKonecta nombra a Nourdine Bihmane nuevo CEO del grupo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.