Inicio Últimas Noticias Compostela acollerá o Campionato de España Cadete Feminino do 19 ao 25...

Compostela acollerá o Campionato de España Cadete Feminino do 19 ao 25 de maio

DEPORTES
Compostela acollerá o Campionato de España Cadete Feminino do 19 ao 25 de maio

12/04/2024 Máis de 600 deportistas pertencentes a 32 equipos participarán no Campionato de España Cadete Feminino, un fito deportivo e social organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago que terá lugar do 19 e 25 de maio en varios espazos da cidade.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega Baloncesto, Miguel Martínez, seleccionador español Absoluto Feminino e de Iris Díaz, árbitra do Grupo 3 FEB, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o Campionato de España de Baloncesto na categoría Cadete Feminino que se celebrará en Santiago entre o 19 e o 25 de maio. Durante estes sete días, disputaranse un total de 66 partidos que terán lugar nos pavillóns municipais do Restollal, Fontiñas e de Santa Isabel.Pilar Lueiro agradeceu a confianza da Federación Galega de Baloncesto e salientou a trascendencia destas competicións para o concello, “non só pola repercusión económica senón sobre todo porque inciden nun aspecto fundamental como é o impulso do deporte base sendo un escaparate para as máis e os máis pequenos transmitindo os valores do esforzo, respecto e superación”.A edila animou a toda a veciñanza de Compostela, especialmente ás rapazas, a seguir esta competición xa que será “unha auténtica celebración do deporte e de todos os seus aspectos positivos, convertendo Santiago no escenario perfecto para dar a visibilidade que merece o deporte e especialmente o femenino”, o que contribúe a “superar a fenda de xénero e avanzar en políticas de igualdade tamén a través do deporte”.Talento femininoEsta cita que porá o total protagonismo no potencial, valores e talento deportivo que atesouran as xogadoras novas do baloncesto nacional, converterá a Compostela en punto de encontro para un total de 32 equipos, máis de 600 deportistas, 30 árbitros, 70 oficiais de mesa e un número aproximado de 2.000 afeccionados.Entre os 32 equipos haberá tres galegos, dos que aínda non se coñecerá a súa identidade ata 28 de abril. Serán o campión, subcampión e terceiro clasificado da Liga Galega Cadete Feminina auspiciada pola Federación Galega de Baloncesto e que remata nesa data.Disputaranse un total de 66 partidos durante os 7 días de competición que abranguen do 19 de maio ao 25 de maio e que terán no Pavillón do Restollal, o Pavillón de Fontiñas e o Pavillón de Santa Isabel, acollendo este último a Fase Final do campionato.

Leer más:   Así han encontrado a la mujer perdida en Oza-Carballo: nunca salió de la localidad

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorKonecta nombra a Nourdine Bihmane nuevo CEO del grupo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.