Inicio Últimas Noticias Bota a andar é-Bici, o proxecto piloto de préstamo de bicicletas posto...

Bota a andar é-Bici, o proxecto piloto de préstamo de bicicletas posto en marcha pola USC coa colaboración do Concello

MOBILIDADE
Bota a andar é-Bici, o proxecto piloto de préstamo de bicicletas posto en marcha pola USC coa colaboración do Concello

12/04/2024 O próximo luns empezará a funcionar é-Bici USC, un programa piloto de préstamo de bicicletas eléctricas impulsado pola xerencia da Universidade de Santiago, en colaboración coa Concellaría de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais. O obxectivo é mellorar a comunicación entre os campus, apostando por unha mobilidade máis sostible e uns modos de vida máis saudables.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, o reitor da USC, Antonio López, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, o xerente da Universidade, Javier Ferreira, e o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, presentaron o proxecto nun acto que tivo lugar ao carón da Facultade de Ciencias da Comunicación. A rexedora mostrou a súa satisfacción “por poder colaborar coa USC nun proxecto que aposta pola mobilidade sostible e no que xa se leva traballando moito tempo, e que ademais está dirixido especialmente á poboación nova que xa está concienciada co problema do ambiente e coa necesidade de utilizar transportes alternativos”.O programa é-Bici USC bota a andar con vinte bicicletas, que estarán a disposición da comunidade universitaria desde as 8.00 ata as 20.30 horas. Haberá catro estacións de cadeado e carga, situadas na facultade de Filoloxía, a facultade de Odontoloxía, a biblioteca Concepción Arenal e o Aulario Novoa Santos, ao carón do Hospital Clínico. As persoas que queiran utilizar as bicicletas poden rexistrarse nunha aplicación, usc-mobile.discomon.eu/home, na que tamén se pode consultar cantas bicicletas hai dispoñibles en cada parada, informar de posibles incidencias e consultar toda a información sobre o programa de préstamo. Tal e como explicou o reitor, “nos próximos meses testarase o funcionamento do sistema, a súa demanda real e as formas de uso das bicicletas, para logo adaptar o servizo á demanda real da comunidade universitaria”. A partir de aí, sinalou Antonio López, estudarase a posibilidade de ampliar o servizo, en colaboración co Concello.Colaboración da concellaría de MobilidadeO concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, explicou que a colaboración do seu departamento coa USC neste proxecto consistiu no subministro de seis bicicletas, catro delas eléctricas, e na sinalización do percorrido prioritario para as usuarias. En concreto, realizáronse traballos de pintado para indicar a prioridade ciclista e os límites de velocidade de 20 e 30 quilómetros/hora, segundo a zona, e instaláronse tamén 30 sinais verticais de preferencia ciclista.O edil insistiu en que “este ten que ser o mandato da mobilidade, e nese sentido un dos retos é que a bicicleta se consolide como modo de transporte porque Santiago é unha cidade perfecta para ser vivida en bicicleta”. Xan Duro reiterou que “urxe darlle a volta á pirámide do transporte, para poñer na cúspide os desprazamentos a pé e en bicicleta e conseguir que o uso do vehículo privado se reduza todo o posible”. Nese sentido, agradeceu que a Universidade de Santiago impulse proxectos como o presentado hoxe, “que se complementará no futuro con outros sistemas públicos de bicicleta nos que estamos traballando desde o Goberno”.

Leer más:   O Plan Municipal de Saúde Mental de Santiago marca unha estratexia encamiñada á prevención cunha campaña de sensibilización social

- Te recomendamos -
Artículo anteriorKonecta nombra a Nourdine Bihmane nuevo CEO del grupo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.