Inicio Últimas Noticias ‘Macho Grita’ e ‘Amal’ centran a axenda escénica de Compostela Cultura para...

‘Macho Grita’ e ‘Amal’ centran a axenda escénica de Compostela Cultura para a fin de semana

CAPITAL CULTURAL
‘Macho Grita’ e ‘Amal’ centran a axenda escénica de Compostela Cultura para a fin de semana

11/04/2024 Alberto San Juan parte do mito de Don Xoán para revisar a historia de España en ‘Macho Grita’, un espectáculo da Compañía Nacional de Teatro Clásico que encherá o venres o Teatro Principal. A compañía La Baldufa tomará as táboas da rúa Nova o sábado con ‘Amal’, un traballo para público familiar que se atopa entre os recomendados pola Rede Española de Teatros.

O Teatro Principal acolle esta fin de semana dous novos espectáculos da axenda escénica de Compostela Cultura. O primeiro deles, ‘Macho Grita’, terá lugar este venres, día 12 de abril ás 20.30 horas, nunha función que esgotou hai meses as butacas dispoñibles. Alberto San Juan escribe, dirixe e interpreta esta revisión do mito de Don Xoán que presenta como “unha crónica da miña propia cegueira sobre a historia do meu país. Un intento farfallán de aproximación ao proceso histórico polo cal se constrúe a norma que establece que é ser español. Unha tentativa de entender como se constrúe o sistema de poder xerárquico que nos goberna, como se constrúe o macho –entendido como vontade de dominio–, neste territorio chamado España”. A Compañía Nacional de Teatro Clásico produce esta comedia en formato musical na que San Juan estará acompañado dunha banda integrada por Claudio de Casas, guitarra, Miguel Malla, saxo e teclado, Gabriel Marijuán, batería, e Pablo Navarro, contrabaixo. O espectáculo forma parte do Foco A Voltas cos Clásicos de Compostela Cultura, un ciclo que move á reflexión sobre a canonización de obras esenciais e históricas da escena teatral e reúne adaptacións que delas se fan na actualidade.O sábado, día 13 de abril, ás 18.30 horas chegará o momento para gozar en familia co ‘Amal’ da Companya de Comediants La Baldufa, un traballo candidato a Mellor Espectáculo Nacional de Circo nos XXVI Premios da Crítica de Artes Escénicas e que se atopa entre os recomendados pola Comisión de Circo da Rede Española de Teatros. ‘Amal’ afonda no potencial da creación escénica como estímulo para a reflexión social e aborda a problemática migratoria. En palabras desta compañía que recibiu o Premio Nacional de Teatro en 2020: “Nun momento complexo e difícil en moitos aspectos, pensamos que os artistas debemos tomar parte, implicarnos e comprometernos coa sociedade na que vivimos. Isto implica tamén contar historias que fagan reflexionar, propostas que interpelen ao público, que removan. Que reforcen o papel da cultura como aquel baluarte de liberdade desde onde forxamos un espírito crítico necesario para reinventar o mundo que habitamos e comprometernos coa sociedade na que vivimos”. Teatro e circo combínanse na construción da historia dunha moza que, tras vivir os horrores da guerra no seu país, busca refuxio en Europa. O espectáculo pon o foco na experiencia das persoas migrantes para visibilizar a súa realidade e fomentar a empatía do público, tamén do público máis novo, nunha peza divertida e engaiolante que demostra que entretemento e crítica social poden ir da man.As entradas para este espectáculo poden ser adquiridas a un prezo de 3 euros na páxina web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberto de martes a sábado, en horario de 11 a 14 e de 16 a 19 horas) e no do propio teatro (o día do espectáculo dende unha hora antes do seu inicio).

Leer más:   Publícanse as listaxes de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Verán

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anterior65YMÁS y Cámara de España presentan la campaña ‘El Valor Sénior’
Artículo siguienteVeintiún atletas gallegos apuntan a París 2024 en la preselección paralímpica
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.