Inicio Últimas Noticias Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos...

Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude

XUVENTUDE
Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude

10/04/2024 Propostas relacionadas co cine, a música, os animais e a saúde foron as máis votadas nos Orzamentos Participativos do departamento de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe os resultados do proceso, no que se decidiu o destino de 100.000 euros para actividades do presuposto municipal de 2024. Ao longo do ano executaránse as dez actividades mellor valoradas das máis de cen que foron validadas, despois dunha fase de votación na que participaron máis de mil mozos e mozas.

María Rozas salientou que “os Orzamentos Participativos demostran que a mocidade ten ganas de participar, que ten moitas propostas que facer, e que non podemos simplificar e frivolizar cando falamos dos intereses dos mozos e das mozas, porque é evidente vendo as súas achegas que son moitos e moi variados”. A concelleira reiterou que “a participación en democracia é unha prioridade, e temos que poñer as ferramentas para que non se limite a votar cada catro anos, e máis no caso da xuventude”.Propostas máis votadasA proposta que recibiu máis apoios no proceso de Orzamentos Participativos, con 595 votos, foi a da realización dun ciclo de cine ao aire libre, no que sexa o público quen seleccione as películas proxectadas. Esta será a primeira actividade en executarse, previsiblemente a finais de xuño. En segundo e terceiro lugar situáronse dúas actividades relacionadas coa música: un concerto dun grupo ou artista referente da escena musical actual; e un festival de música urbana, con artistas emerxentes de hip hop, rap, reggaeton, trap ou freestyle. A cuarta proposta seleccionada polos participantes no proceso Compostela Decide é unha feira de adopción de animais, e en quinto e sexto lugar situáronse outras dúas propostas musicais: a celebración de festivais de música de diferentes xéneros como rock, indie, techno ou rock alternativo; e un festival de música con artistas emerxentes locais e galegos.Un programa de voluntariado para o coidado e atención de animais situouse como a sétima proposta mellor valorada; mentres que a oitava foron actividades de música e cultura tradicional galega e foliadas abertas. A lista das dez propostas que se executarán ao longo do ano con cargo aos Orzamentos Participativos complétase con dous proxectos do ámbito da saúde: a celebración de cursos de primeiros auxilios dirixidos á mocidade, e un programa de charlas divulgativas relacionadas coa saúde mental da xuventude.María Rozas explicou que máis alá das actividades que quedan comprometidas no marco dos Orzamentos Participativos, “o departamento de Mocidade terá moi en conta á hora de deseñar a súa programación outras propostas moi interesantes que foron presentadas neste proceso pero que non resultaron ser as máis votadas, e que poderían ser executadas igualmente pola Concellaría”. Nese sentido, a concelleira lembrou que no proceso foron validadas 103 propostas distribuídas en 15 categorías: Festivais de música e algo máis; Arte urbano e expresións artísticas; Culturas; Cine; Ciencia, Coñecemento, saberes; emprendemento; Ecoloxía e sostibilidade; Economía circular; Gastronomía saudable; eMocidade; Práctica deportiva; Igualdade, diversidade e educación sexual; Inclusión; Saúde; e Dereitos dos animais. En total, foron presentadas 286 propostas, pero moitas deles foron agrupadas porque eran coincidentes e outras non cumprían os requisitos técnicos en canto á súa viabilidade, límite orzamentario ou competencia municipal para o seu desenvolvemento.Datos de participaciónA concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude mostrouse moi satisfeita coa acollida dos Orzamentos Participativos “Compostela Decide”. No proceso de votación participaron 1.153 persoas, se ben as votacións consideradas válidas foron 811. No caso das descartadas, comprobouse que as persoas que emitiron o seu voto non cumprían ou non acreditaron debidamente cumprir os requisitos establecidos: ter entre 16 e 30 anos e vivir, traballar ou estudar en Santiago.María Rozas salientou o gran incremento na participación con respecto ás anteriores edicións impulsadas no mandato 2015-2019. No último proceso, para os orzamentos de 2019, votaran 222 persoas na área de Mocidade, de maneira que o incremento neste proceso é de case o 420%. A concelleira de Xuventude lembrou que daquela “os Orzamentos Participativos eran procesos moi novidosos, que hoxe xa están consolidados en moitos municipios e iso anima a participación”. Ademais, María Rozas agradeceu a implicación neste proceso dos institutos de Santiago e da Universidade, que acolleron diferentes sesións informativas sobre os Orzamentos Participativos e animaron tamén á participación.

Leer más:   A Policía Local de Santiago celebra mañá o seu 175 aniversario nun acto no que se fará entrega das medallas de permanencia aos axentes con máis de 30 anos de servizo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorDescubre cómo localizar a los mejores cirujanos de España en una plataforma única: MejoresDoctors
Artículo siguienteLa unión entre Metrodora y Tropos revoluciona la formación sanitaria
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.