Inicio Últimas Noticias O programa Teatro Foro invita á mocidade a reflexionar sobre a adicción...

O programa Teatro Foro invita á mocidade a reflexionar sobre a adicción aos xogos e ás apostas

XUVENTUDE
O programa Teatro Foro invita á mocidade a reflexionar sobre a adicción aos xogos e ás apostas

09/04/2024 O IES Rosalía de Castro acolleu hoxe unha sesión do programa Teatro Foro, organizado pola Concellaría de Xuventude para achegarlles aos mozos e mozas ferramentas para abordar temas sensibles ou para resolución de conflictos. A concelleira María Rozas participou na xornada, dedicada hoxe á adicción aos videoxogos e ás apostas.

As sesións do Teatro Foro teñen dúas partes diferenciadas. Primeiro, un grupo de alumnos e alumnas pón en escena unha obra na que se amosa un conflicto, neste caso a problemática da adicción aos videoxogos e o risco de que derive en casos de ludopatía. Na segunda parte da sesión, ábrese un debate co alumnado espectador, e represéntanse novas escenas coa súa participación para tratar de afrontar a situación proposta inicialmente. Desta maneira, son os propios rapaces e rapazas os que reflexionan e propoñen solucións para os conflictos representados, que son sempre cuestións de actualidade para a mocidade.A concelleira de Xuventude salientou a importancia de “achegarse ás problemáticas e aos conflictos que lle afectan aos mozos e mozas na súa propia linguaxe, e intentando empoderalos e amosarlles que eles e elas poden ser tamén protagonistas da súa resolución”. María Rozas reiterou o compromiso do departamento con actividades coma o Teatro Foro, e agradeceu a implicación dos centros educativos que colaboran no seu desenvolvemento.No programa Teatro Foro, dirixido polo educador social Ramón Molina, veñen participando, desde o mes de decembro, catro institutos de Santiago: os IES das Fontiñas, Sar, Pontepedriña e Rosalía de Castro. En total, nas actividades participarán activamente máis de 200 alumnos e alumnas, e a previsión é chegar a máis de 500 como espectadoes e espectadoras.O Teatro Foro nace das teorías do teatro do oprimido do dramaturgo brasileiro Augusto Boal, que bota man de estratexias teatrais para a abordaxe de temas sensibles en determinados colectivos ou para a resolución de conflictos. No caso dos institutos, a través do Teatro Foro trabállanse, de maneira participada e empoderando ao alumnado en todo o proceso, cuestións relacionadas co acoso escolar, a violencia de xénero, a diversidade sexual, a prevención de drogodependencias ou o ciberacoso.

Leer más:   O alcalde reúnese coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que solicita o cambio de trazado da senda ciclista entre San Caetano e O Milladoiro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCómo meter el gimnasio en la declaración de la Renta si vives en Santiago de Compostela ¡Te lo contamos!
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.