Inicio Últimas Noticias Aberta a inscrición para a carreira e a andaina solidaria “Unha tarde...

Aberta a inscrición para a carreira e a andaina solidaria “Unha tarde con Samuel”

DEPORTES
Aberta a inscrición para a carreira e a andaina solidaria “Unha tarde con Samuel”

04/04/2024 O vindeiro sábado 13 de abril terá lugar a cuarta edición da “Cross e a Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne-Becker. Unha tarde con Samuel” no parque do Monte do Gozo. Hoxe presentárona a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Juanma Mata Torreira, pai de Samuel e apoderado de Duchenne Parent Project en Santiago e de Martiño Rozas, representante do Noitebra FC.

Un ano máis o Concello de Santiago colabora nesta iniciativa solidaria que constará de dúas modalidades: a carreira de 5 quilómetros, con saída ás 18:30 h; e a andaina de 2,5 quilómetros, con saída ás 17:30 h. Para a cativada, tamén se organizou, de xeito paralelo ás dos maiores, carreiras de diferentes distancias.A distrofia muscular de Duchenne e Becher, a enfermidade que sofre Samuel é unha doenza rara, dexenerativa e polo de agora sen cura. Os músculos daquelas persoas afectadas debilítanse pouco a pouco ata perder a súa funcionalidade.Segundo sinalou Pilar Lueiro, “é un orgullo acoller probas deportivas no noso Concello, aínda máis cando teñen detrás unha causa solidaria como é o caso desta, organizada ademais por Samuel, un veciño noso afectado por esta enfermidade”. A concelleira animou á veciñanza de Santiago e doutros concellos a participar nesta xornada, e colaborar coa recadación de fondos para a investigación desta enfermidade o mesmo día da proba ou a través de doazóns no ‘dorsal 0’.A inscrición estará aberta ata o vindeiro mércores 10 de abril. Todos os detalles, o regulamento, e os donativos do ‘dorsal 0’, están dispoñibles na web carreirasgalegas.com. Todo os fondos recadados destinaranse integramente á investigación desta enfermidade.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Casi 500 zapatillas incautadas para vender “en mercadillos” en Galicia: investigados dos vecinos coruñeses por falsificación de calzado deportivo

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorIsdin colabora con Roland-Garros para promover la salud de la piel
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.