Inicio Últimas Noticias A alcaldesa reclámalle “seriedade e vías de colaboración á Xunta ante o...

A alcaldesa reclámalle “seriedade e vías de colaboración á Xunta ante o seu desleixo de funcións en vivenda pública en Santiago”

ALCALDÍA
A alcaldesa reclámalle “seriedade e vías de colaboración á Xunta ante o seu desleixo de funcións en vivenda pública en Santiago”

03/04/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín reclamou “seriedade” á Xunta logo de que a administración coas competencias en vivenda reclamase ao Concello a súa execución e utilice procedementos como filtrar á prensa unha carta que non ten como obxectivo resolver o problema da vivenda en Compostela senón buscar unha confrontación que nada achega a resolvelo. “Desde o Concello de Santiago pedimos que existan vías de colaboración e diálogo aberto, franco e transparente que non leve a este tipo de filtracións e de maneiras de relacionarse entre administracións”, destacou.

Se o director xeral do IGVS, Heriberto García, manifestou por carta dirixida á Concellaría de Urbanismo estar “sorprendido” pola previsión do Concello de vender parcelas da súa titularidade, o Concello está igualmente “sorprendido” pola repentina preocupación do IGVS pola situación da vivenda en Compostela, tendo en conta que desde 2009, de acordo cos seus propios datos, só entregou 54 vivendas de promoción pública de nova construción no noso municipio.Ese dato contrasta coas 504 vivendas de Vigo, 422 da Coruña, 319 de Lugo, 135 de Pontevedra, 97 de Ferrol e 69 de Ourense. “Se a política de vivenda da Xunta no conxunto do país é deficiente, en Santiago de Compostela é especialmente decepcionante”, indicou. A Xunta declara na carta que enviou que “os cidadáns galegos, e de maneira moi especial os de Santiago de Compostela, afrontan dificultades para o acceso á vivenda”. Esa situación que describe vén derivada do seu desleixo e da súa pésima xestión ao longo dos últimos anos.Lembrou que Heriberto García anunciou en 2014 a construción de 36 pisos en Lamas de Abade e volveron anuncialos en decembro de 2023, en plena campaña electoral nove anos máis tarde, mais continúan sen ser unha realidade.Cómpre lembrar que o Concello xa lle ofreceu á Xunta parcelas para que constrúa vivenda pública na reunión coa Presidencia en outubro de 2023 e está en disposición de manter esa cesión. Ata o momento, non consta interese pola súa parte e sería lóxico que comezase polas da súa propia titularidade, xa que a Xunta dispón, como mínimo, dunha parcela destinada a vivenda protexida sen edificar na avenida de Xoán XXIII, “nunha localización excepcional para este fin que contribuiría a fortalecer a función residencial da cidade histórica”, indicou.O Concello ten interese en crear un parque de vivenda de titularidade municipal situado no centro, a diferenza do que vén acontecendo coa vivenda pública ou social nas últimas décadas na maior parte das cidades, e quere crealo a través da rehabilitación do parque residencial existente. Desta maneira, contribuirase a mellorar as condicións de acceso á vivenda e, simultaneamente, a conservar o patrimonio inmobiliario e a protexer a función residencial da cidade histórica. Trátase de optimizar os efectos positivos do investimento público e mudar o paradigma histórico da vivenda pública. A localización da vivenda pública non debería vir determinada polas cesións realizadas en execución do desenvolvemento urbanístico.O alleamento de parcelas municipais é un mecanismo habitual e legal para financiar investimentos e obras nos municipios, tamén utilizado polos gobernos anteriores.

Leer más:   As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá, Asia e países europeos

- Te recomendamos -
Artículo anteriorQuirónsalud y Sermas: Hospitales alcanzan la certificación ENS en ciberseguridad
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.