Inicio Últimas Noticias Mañá finaliza o prazo para solicitar os “bonotaxis” para persoas con problemas...

Mañá finaliza o prazo para solicitar os “bonotaxis” para persoas con problemas de mobilidade ou maiores residentes no rural

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Mañá finaliza o prazo para solicitar os “bonotaxis” para persoas con problemas de mobilidade ou maiores residentes no rural

02/04/2024 Mañá, 3 de abril, finaliza o prazo para solicitar as axudas individuais para o uso do taxi como medio alternativo para persoas con mobilidade reducida ou persoas maiores residentes na zona rural, impulsadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. A súa contía pode oscilar entre os 150 e os 350 euros, nun pago único.

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina unha partida total de 15.000 euros aos denominados “bonotaxis”, dirixidos ás persoas que a causa da súa discapacidade, enfermidade crónica, tratamento ou idade, teñan dificultades para o uso do transporte público.As persoas beneficiarias deben estar empadroadas e residir en Santiago, e atoparse nalgún dos seguintes supostos: ter recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade; ter recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %; ou estar sometidas a tratamentos periódicos administrados desde calquera centro hospitalario da cidade e que dificulten a condución. Tamén poden solicitar as axudas persoas residentes no rural que teñan algún tipo de discapacidade, padezan doenzas que lles dificulten a condución, ou sexan maiores e teñan limitacións no acceso ao transporte público por mor da menor cobertura do servizo.A contía da axuda dependerá dos ingreso das persoas beneficiarias. Así, será dun máximo de 350 euros, nun pago único, para as persoas cun límite de ingresos do 150% do IPREM anual; dun máximo de 250 euros para as persoas que perciban entre o 150 e o 250% do IPREM; e dun máximo de 150 euros para os ingresos de entre o 250% e o 300% do IPREM. Se o número de solicitudes supera a cantidade consignada nos orzamentos, a concesión da axuda primará ás persoas solicitantes que teñan menos ingresos.

Leer más:   O Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar contará con 12 habitacións e espazos comúns, seguindo o modelo Housing First

- Te recomendamos -
Artículo anteriorQuirónsalud: Tres hospitales se consolidan en cirugía robótica dentro del Sermas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.