Inicio Últimas Noticias A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no “Museo...

A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no “Museo máis pequeno da cidade”

CENTROS SOCIOCULTURAIS E COMERCIO
A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no “Museo máis pequeno da cidade”

02/04/2024 Os establecementos comerciais de Santiago convertiránse en pequenos museos para albergar obras de arte en miniatura realizadas polos veciños e veciñas, grazas ao programa “O museo máis pequeno da cidade”, impulsado pola Concellaría de Centros Socioculturais. Os concelleiros Xan Duro e María Rozas presentaron hoxe a actividade, coa que a rede de CSC se suma tamén á celebración do Día Mundial dos Museos, o 18 de maio. As persoas que desexen participar achegando a súa proposta artística poderánse inscribir a partir do próximo xoves, 4 de abril.

“O museo máis pequeno da cidade” é unha iniciativa da Concellaría de Centros Socioculturais, que parte dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, “o obxectivo é encher Santiago de pequenos museos con entrada de balde, sen aglomeracións e sen colas, nos que ademais se poderán admirar obras realizadas polos veciños e veciñas de Compostela”. Esas salas de arte serán establecementos comerciais de Compostela que, apuntou a concelleira de Comercio, María Rozas, “sumándose a esta proposta gañan visibilidade, incorpóranse a un roteiro no que poden achegarse a nova clientela pero, sobre todo, reforzan o seu papel como elementos cohesionadores dos barrios nos que se atopan”. Trátase, en definitiva, “de fomentar a intervención sociocultural e artística entre a veciñanza, de crear comunidade a través da arte, e de fomentar a mobilidade entre os diferentes barrios de Santiago”.A participación no proxecto “O museo máis pequeno da cidade” está aberta a toda a veciñanza. O próximo xoves, 4 de abril, comeza o prazo de inscrición para as persoas ou grupos que desexen presentar a súa obra, que debe estar realizada dentro dunha caixa de cartón de 13×13 centímetros que será facilitada nos propios centros socioculturais. As obras rematadas entregaranse tamén na rede de CSCs, sempre acompañadas dun debuxo ou dunha copia da obra na que figure o seu título, o nome do seu autor ou autora e a súa idade.A inscrición deberá realizarse do 4 ao 10 de abril, ben presencialmente nos centros socioculturais ou a través do mail cscpreinscricions@santiagodecompostela.gal, adxuntando o formulario que se pode atopar na sede electrónica do Concello de Santiago (trámite ‘Participación en actividades municipais da Rede de Centros e Locais Socioculturais’). As caixas-museo poderánse retirar do 10 ao 17 de abril, e o prazo para entregar as obras de arte irá do 19 ao 26 de abril. As pezas estarán expostas nos establecementos comerciais, designados mediante sorteo, desde o 15 de maio, cadrando coa celebración do Día Mundial dos Museos o día 18, ata o 12 de xullo. Posteriormente, as obras seránlle devoltas aos seus autores e autoras ao longo do mes de setembro.Sábados no “Museo máis pequeno da cidade”De forma paralela, e mentres as obras estean instaladas nos establecementos comerciais, a Concellaría de Centros Socioculturais porá en marcha un xogo nas redes sociais para animar a veciñanza a visitar as diferentes propostas do “Museo máis pequeno da cidade”. Para iso, colgaranse imaxes dunha parte do museo e iranse achegando pistas para que as persoas que queiran participar descubran onde se atopa a obra e cal é o seu título e a súa autoría. Para participar tamén é preciso inscribirse, a título individual ou en grupo, ben nos centros socioculturais ou ben no mail cscpreinscricions@santiagodecompostela.gal. Haberá un sorteo de agasallos entre todas as persoas ou grupos participantes.

Leer más:   Aberta a inscrición para a carreira e a andaina solidaria "Unha tarde con Samuel"

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorQuirónsalud: Tres hospitales se consolidan en cirugía robótica dentro del Sermas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.