Inicio Últimas Noticias O mes de abril chega ao Espazo Apego con novas actividades e...

O mes de abril chega ao Espazo Apego con novas actividades e sorpresas

LINGUA
O mes de abril chega ao Espazo Apego con novas actividades e sorpresas

01/04/2024 A proposta de actividades do mes de abril no Espazo Apego xa está dispoñible dende hoxe ambientada, nesta ocasión, no mes dos libros. Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior á actividade, sobre as 12 h. recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

Os luns de abril será o tempo do espectáculo ‘A lingua medra’: os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; recibiranse especialistas en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.A lingua medraLuns / 17 h / Espazo ApegoLuns 8. MerendolasLuns 15. Movéndonos con ApegoLuns 22. Quen vén?Luns 29. ExperimentamosOs martes estarán reservados para as ‘Tardes de contos, un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 para 3 a 6 anos. Este mes toca igualdade.Tardes de contosMartes 2, 9, 16, 23 e 30 / 17 e 18.15 h / Espazo ApegoOs mércores desenvolverase a actividade ‘Enredando e lingoreteando’, un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.Enredando e lingoretandoMércores / 17 h / Espazo ApegoMércores 3. Xogamos coas palabrasMércores 10. Fabricamos xoguetesMércores 17. Imos ao patioMércores 24. Xincana de palabrasContacontosUn xoves cada quince días haberá un espectáculo con temática variada. Nesta ocasión, o xoves 4 será o turno de Tralará. Marta Ortiz xunta contos, cantigas e obxectos e lévaos con moito ritmo ao Espazo Apego. Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade.O xoves 18 o Espazo Apego acollerá ‘O lobo feliz’ de Miguel Guido, un contacontos con música e moito humor, baseado no libro do mesmo nome e contado polo seu autor.Tralará de Marta Ortiz (0-4 anos)Xoves 4 / 18 h / Espazo ApegoO lobo feliz de Miguel Guido (+3 anos)Xoves 18 / 18 h / Espazo Apego

Leer más:   Aberto o prazo de inscrición ao curso de iniciación á horta ecolóxica

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de abril de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.