Inicio Últimas Noticias Volve o circuíto de carreiras saudables CorreSan que neste 2024 incorpora unha...

Volve o circuíto de carreiras saudables CorreSan que neste 2024 incorpora unha nova proba no barrio de Conxo

DEPORTES
Volve o circuíto de carreiras saudables CorreSan que neste 2024 incorpora unha nova proba no barrio de Conxo

22/03/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa o circuíto de carreiras saudables CorreSan, que este ano chega á súa décima edición e suma unha proba máis ao calendario: en total serán cinco carreiras. Na rolda tamén estiveron Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo; Javier Nicolás Blanco, xerente do Centro Comercial As Cancelas; Miguel Anxo Nogueira; representante do Club Atletismo Noitebra; e Joao Fernández, presidente do Club Atletismo Santiago.

A décima edición do circuíto de carreiras saudables de Santiago CorreSAN 2024 constará de 5 probas que se disputarán entre os meses de maio e outubro de 2024. No mes de decembro celebrarase a xa tradicional carreira San Silvestre que “aínda que non forma parte deste circuito, dá continuidade á práctica deportiva durante o ano”, sinalou a edila de Deportes.A primeira cita será o 11 de maio, sábado da Ascensión, coa CorreSan Ruta da Prata-Angrois, á que lle seguirá a nova carreira do calendario, a do barrio de Conxo, o 1 de xuño. A nocturna pola cidade vella terá lugar o 6 de xullo e, xa á volta do verán, retomarase o programa coa ruta dos parques (15 de setembro). O 13 de outubro terá lugar a última proba, a do barrio de San Pedro.Como sinalou a concelleira, “o circuíto CorreSan representa unha iniciativa que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo”. Lueiro animou a toda a veciñanza a tomar parte deste proxecto “que continúa adiante por décima vez, polo interese municipal en promover a práctica libre do deporte na cidade de Compostela”.O presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, agradeceu a implicación do Concello “grazas á cal podemos sumar unha carreira máis sen incrementar o prezo da inscrición” e a de todos os patrocinadores e colaboradores. Sanmartín sumouse ao chamado da concelleira e animou a seguir aumentando a participación co obxectivo de chegar ás 5000 persoas inscritas.Inscrición abertaA inscrición xeral no circuíto CorreSan (nas 5 probas) abre hoxe, venres 22 de marzo, ás 11:00 horas e pechará o mércores 8 de maio ás 23.59 horas. Abrirase un 2º prazo antes da carreira CorreSan Barrio de Conxo.En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías sub 10 e sub 12, un percorrido para as categorías sub 14 e sub 16, e outro para adultos a partir da categoría sub 18. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos.Os horarios e circuitos das carreiras estarán expostos na páxina web www.carreirasgalegas.com e estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, empregando o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse durante o transcurso do circuíto para os atletas que se inscriban nas 5 probas na modalidade de circuito, e poderá desbotarsee no caso de atletas que só se inscriban a unha proba independente.O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. A participación poderá ser individual ou formando parte de equipos, tanto federados como populares. Os escolares poderán a maiores formar grupos por centros.O Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN 2024 está organizado pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento municipal de deportes.

Leer más:   O Concello instalará seis novas illas comunitarias de compostaxe antes de final de ano

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAmazon Business: Nueva herramienta para apoyar a las pequeñas y medianas empresas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.