Inicio Últimas Noticias A Policía local detecta só 16 infraccións no uso do cinto tras...

A Policía local detecta só 16 infraccións no uso do cinto tras controlar máis de dous mil vehículos

MOBILIDADE
A Policía local detecta só 16 infraccións no uso do cinto tras controlar máis de dous mil vehículos

22/03/2024 Na semana do 11 ao 17 de marzo, a Policía local de Santiago, dentro da campaña de controis da Dirección Xeral de Tráfico, vixiou nas estradas e vías compostelás o uso do cinto por parte de condutores e acompañantes, así como o correcto emprego dos sistemas de retención infantil.

Dos 2271 vehículos controlados (2012 turismos, 69 taxis, 44 autobuses e 146 vehículos de mercadorías), os axentes tan só realizaron 16 denuncias, todas elas por non facer uso do cinto: 12 foron a condutores/as e 4, a persoas que viaxaban como pasaxeiras nos vehículos. No que respecta ao uso dos SRI, non detectaron ningunha infracción.Elemento básico de seguridade viariaO uso do cinto de seguridade é un elemento básico e fundamental da seguridade viaria e reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. O airbag non é eficaz se non se complementa coa utilización do cinto de seguridade. A súa utilización tamén é importante nos asentos traseiros do vehículo, xa que protexe tanto de saír despedido do habitáculo como de impactar contra o parabrisas. A 80 quilómetros por hora, un choque frontal sen levar posto o cinto de seguridade adoita levar aparellada a morte ou lesións graves. No caso dos envorcos, o cinto reduce nun 77% o risco de morte.En canto aos sistemas de retención infantil, son obrigatorios para nenos e nenas cunha altura inferior a 1,35 metros, e recomendables ata os 1,50. As cadeiras deben estar instaladas de acordo coa altura e peso. En todos os casos, a banda diagonal do cinto debe pasar pola clavícula sobre o ombro e ben pegada ao peito, mentres que a banda ventral ten que quedar o máis baixa posible sobre a cadeira.

Leer más:   A Xunta de Goberno acorda solicitar a cesión dun inmoble no Ensanche á Seguridade Social para a posta en marcha dun centro polivalente para as persoas maiores

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAmazon Business: Nueva herramienta para apoyar a las pequeñas y medianas empresas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.