Inicio Últimas Noticias O Concello pon en marcha un contador de árbores xeorreferenciadas neste Día...

O Concello pon en marcha un contador de árbores xeorreferenciadas neste Día internacional dos bosques e da poesía

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello pon en marcha un contador de árbores xeorreferenciadas neste Día internacional dos bosques e da poesía

21/03/2024 Este 21 de marzo, o Concello de Santiago celebrou o Día Internacional dos bosques e o Día da Poesía, unidos no Xardín das Pedras que Falan, onde están unha boa representación de poetas, coa plantación de árbores por parte de alumnado do CEIP Raíña Fabiola e coa entrada en funcionamento dun contador de árbores que contribuirán ante os retos de emerxencia climática.

No acto, ademais da alcaldesa Goretti Sanmartín, estiveron o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez; a concelleira de Educación, Míriam Louzao; representantes dos grupos municipais e alumnado e profesorado do CEIP Raíña Fabiola, que aproveitaron esta xornada para facer unha lección práctica de educación ambiental coa plantación de cinco ginkgos biloba, que acompañarán o exemplar do século XIX que resulta moi vistoso coas súas características follas amarelas cada outono.O Concello organizou este evento como unha experiencia “educativa, ecoloxista e formativa”, en palabras da alcaldesa, “como unha mostra da importancia do coidado da natureza, para fomentar a plantación de árbores, que son necesarias na loita contra a emerxencia climática, para regular a temperatura e reducir o quecemento global”.Santiago de Compostela conta con numerosas zonas verdes, parques e xardíns “e queremos que as xeracións máis novas se conciencien desde un acto que pode ser individual, como plantar árbores, a aprender a coidar o territorio para mellorar o noso concello, o noso país e o noso planeta”.Ademais, anunciou que o Concello inicia unha etapa nova coa posta en marcha dun contador de árbores ao que se accede desde a web municipal, onde figuran os exemplares xeorreferenciados neste momento e inscribiranse os que planten a partir de agora, para que alí figure esta contribución coa natureza e cos retos ante a situación de emerxencia climática.A rexedora agradeceu, finalmente, a USC, o labor do persoal de Parques e Xardíns, de Educación e do CEIP Raíña Fabiola por participaren neste acto de plantación de árbores.Sementes do ginkgo orixinalO ginkgo biloba é un auténtico fósil vivente, con 270 millóns de anos de historia. O antigo Xardín Botánico da Universidade de Saniago de Compostela (USC), do que aínda queda un vestixio no Xardín do Colexio de Fonseca, albergaba ata hai uns anos dous exemplares -un macho e unha femia- desta especie que foron plantados en 1880.Plantáronse un macho e unha femia en alusión ao yin e o yang xaponés, que fan referencia ás forzas que se opoñen e, á vez, se complementan.A femia, cunha altura de 27,2 metros e un tronco cun perímetro de 2,6 metros, tivo que ser tallada en outubro de 2017, 137 anos despois de ser plantada.Dos 5 exemplares que hoxe se plantaron, 3 teñen a súa orixe en sementes da femia orixinal e 2 veñen de brotes que se retiraron da árbore antes da súa talla. Durante estes últimos 6 anos o departamento municipal de parques e xardíns foi capaz de recuperar, conservar e reproducir estes 5 exemplares no viveiro de Lamas de Abade ata alcanzar a altura actual que permite a súa correcta implantación.Plántanse 5 exemplares para tentar garantir o éxito do proxecto de implantación. Unha vez constatado co paso dos anos a súa evolución e se se trata de macho ou femia (non se pode saber ata que fructifique) un único exemplar, idealmente unha femia, para manter a dualidade, permanecerá no xardín á vista do reducido espazo dispoñible. O resto dos exemplares que fructifiquen serán transplantados noutro espazo.

Leer más:   A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSemana Santa: ¿Cobraré mi pensión en Santiago de Compostela? Consulta nuestro calendario para descubrirlo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.