Inicio Últimas Noticias Máis de 600 judokas daranse cita este sábado no pavillón de Santa...

Máis de 600 judokas daranse cita este sábado no pavillón de Santa Isabel

DEPORTES
Máis de 600 judokas daranse cita este sábado no pavillón de Santa Isabel

21/03/2024 A capital galega volverá ter unha nova cita co judo, neste caso o pavillón de Santa Isabel acollerá a 5ª xornada da Liga Rías Altas o sábado 23 de marzo. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou o evento, que organiza o Concello a través do Compostela Judo Club, co presidente desta entidade, Javier Rial.

“Despois da exitosa xornada da fin de semana pasada, é para nós un orgullo converternos de novo no epicentro do judo nesta fin de semana”, sinalou a edila de Deportes, que convidou a toda a veciñanza compostelá a achegarse a Santa Isabel.A competición dará comezo ás 9.30 h coa categoría infantil e cadete e rematará coa competición de liga sénior ás 20.30 h, “co que nos espera unha intensa xornada deportiva por diante”.Pilar Lueiro finxo fincapé en que “é para min un pracer, como concelleira da área, saber que unha vez máis, Santiago se sitúa como a capital do deporte galego, atraendo aproximadamente a 600 judokas, a quen lles desexamos que gocen moito da competición e tamén que aproveiten para desfrutar do tempo que pasen no noso concello”.Pola súa banda, Javier Rial agradeceu o apoio do Concello e a visibilidade que se lle está dando a unha disciplina deportiva como o judo, o que favorece que o número de persoas practicantes vaia aumentando. “O ano pasado tivemos 161 participantes, e este ano, 600”, das cales 250 son nenas. Rial tamén quixo salietar o “carácter formador” deste evento, tanto para judokas como para árbitros. A entrada ao pavillón é de balde.

Leer más:   Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais para o curso 2024-2025

- Te recomendamos -
Artículo anteriorSemana Santa: ¿Cobraré mi pensión en Santiago de Compostela? Consulta nuestro calendario para descubrirlo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.