Inicio Últimas Noticias O alumnado do CEIP Monte dos Postes e do colexio Santa María...

O alumnado do CEIP Monte dos Postes e do colexio Santa María da Feira intercambian experiencias dentro do programa “Vivir nos municipios do Eixo Atlántico”

EDUCACIÓN
O alumnado do CEIP Monte dos Postes e do colexio Santa María da Feira intercambian experiencias dentro do programa “Vivir nos municipios do Eixo Atlántico”

20/03/2024 Os dous grupos foron recibidos esta mañá no Pazo de Raxoi pola alcaldesa e outros membros da Corporación no marco do programa de intercambio educativo do Eixo Atlántico.

O Grupo Eixo Atlántico do Noroeste peninsular, conformado por cidades de Galicia e Norte de Portugal, organiza un ano máis os intercambios escolares entre nenos e nenas. A cidade de Santiago, representada nesta ocasión polo CEIP Monte dos Postes, intercámbiase neste 2024 coa cidade portuguesa de Santa Maria da Feira.Este programa leva por título “Intercambios escolares. Vivir nos municipios do Eixo Atlántico” e desenvólvese dende 2017 a proposta das cidades de Santiago de Compostela e Vila Real. Con el preténdese que o estudantado sexa consciente da importancia de vivir no Eixo Atlántico así como promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso da súa cidade como recurso educador.O grupo de escolares de Santa María da Feira, integrado por 15 alumnos e alumnas e 3 persoas adultas acompañantes, está en Santiago o 19 e 20 de marzo de 2024 e o grupo de Santiago de Compostela (25 alumnos e alumnas e 3 adultos) viaxará a Santa María da Feira os días 10 e 11 de abril de 2024.Entre as actividades programadas destaca a recepción de hoxe no Pazo de Raxoi así como un percorrido didáctico pola cidade histórica e pola Catedral e o seu museo; ou a participación nun taller gastronómico no Mercado de Abastos. A rapazada tamén tivo ocasión de facer un tramo do Camiño Francés e de plantar unha árbore no recinto do Monte dos Postos en recordo do intercambio.

Leer más:   O 7º Encontro Emprendedor centrarase nas alternativas comunitarias de vivenda na vellez

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAuge en las ventas de cash today de prosegur cash: un incremento del 50%
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.