Inicio Últimas Noticias A biblioteca José Saramago dos Centros Socioculturais súmase á celebración do Día...

A biblioteca José Saramago dos Centros Socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía

CENTROS SOCIOCULTURAIS
A biblioteca José Saramago dos Centros Socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía

20/03/2024 A rede de bibliotecas José Saramago dos centros socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía, cunha mostra que terá lugar o próximo sábado no CSC Maruxa e Coralia. A cita comezará ás 12.00 horas, cun recital poético no que participarán oito autores e autoras.

O recital, organizado en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, contará coa participación de Ana Valín, Sue Caamaño, Daniel Asorey, Diego Horschovski, Marta Ojea, Natalia Alonso, María Maronho e Cesáreo Sánchez.Tras o recital, o artista Fran Amil presentará o seu proxecto “Popsía”, un disco no que achega clásicos da lírica galega como Rosalía, Mendiño, Xosé María Díaz Castro, ou Celso Emilio Ferreiro, interpretados mesturando diferentes estilos musicais como o pop, o soul o rock, o funky ou mesmo a música galega. A actuación, en colaboración coa Deputación da Coruña, comezará ás 13.00 horas.

Leer más:   Asinados convenios con oito entidades sociais por máis de 200.000 euros

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAuge en las ventas de cash today de prosegur cash: un incremento del 50%
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.