Inicio Últimas Noticias O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición “Economía social...

O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición “Economía social no corazón da nosa historia”

PROMOCIÓN ECONÓMICA
O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición “Economía social no corazón da nosa historia”

19/03/2024 O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición “Economía Social no corazón da nosa historia”, organizada pola concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e o Foro pola Economía Social Galega para darlle visibilidade a “un modelo que, alén das grandes cifras económicas, pón o foco na situación das persoas, a calidade do emprego, o uso responsable dos recursos ou o impacto ambiental”. Así o explicou a concelleira María Rozas, que visitou a mostra acompañada polo presidente do ForoEsGal, Celso Gándara, e doutros representantes das entidades de economía social de Galicia e da Corporación municipal.

A concelleira de Promoción Económica explicou que esta mostra chega ao CSC Maruxa e Coralia “no marco do compromiso co Goberno local co apoio e fomento da economía social, un camiño que o Concello de Santiago iniciou xa en 2016 e no que queremos seguir avanzando”. María Rozas sinalou que a Economía Social é, ademais, “un dos eixos vertebradores da Axenda Urbana 2030, e temos o convencemento de que Compostela é o ecosistema acaído para estas entidades, que nos ofrecen a súa resiliencia, a súa capacidade para fixar poboación, e a súa vontade de redistribución da riqueza”. A concelleira insistiu tamén vontade de colaboración do Concello coas entidades de economía social, e lembrou que a concellaría de Promoción Económica está a traballar nun Plan de Acción da Economía Social nos barrios “no que o sector debe ter un papel protagonista”.Pola súa banda, Celso Gándara salientou que esta é unha exposición “de historias de heroes, que xa nos séculos IX e X decidiron non ser indiferentes antes as necesidades das sociedades nas que vivían, e buscar respostas diante destas necesidades”. O presidente de ForoEsGal explicou tamén que “detrás destas fotos, destas historias, e destas empresas, o que hai é unha mirada desde o corazón para atender as necesidades sobre todo das persoas máis vulnerables”.Homenaxe ás pioneirasA exposición “Economía Social no corazón da nosa historia” é unha homenaxe ás pioneiras da Economía Social a través dun percorrido pola historia deste modelo de facer empresa en Santiago, desde as asociacións gremiais ata as cooperativas. A mostra está composta por dez paneis, nos que tamén se dá conta dos números da Economía Social en Galicia, onde o 5% das empresas privadas pertencen a este modelo. No conxunto da comunidade, temos máis de 4.700 organizacións de economía social, que lle dan emprego a case 25.000 persoas.O Foro pola Economía Social naceu en 2018 impulsado polas organizacións máis importantes da economía social galega: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e Espazocoop, Unión de Cooperativas Galegas. Na visita á mostra participaron representantes de todas estas entidades.

Leer más:   Finaliza o ciclo de Encontros Emprendedores cunha sesión arredor da mobilidade urbana sostible e accesible

- Te recomendamos -
Artículo anteriorSegún el Instituto Coordenadas, Madrid es top para diplomáticas con un 28% de mujeres
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.