Inicio Últimas Noticias O Concello solicítalle á Xunta 2,6 millóns de euros para cofinanciar os...

O Concello solicítalle á Xunta 2,6 millóns de euros para cofinanciar os servizos sociais comunitarios

XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicítalle á Xunta 2,6 millóns de euros para cofinanciar os servizos sociais comunitarios

18/03/2024 A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitarlle á Xunta de Galicia unha transferencia de 2,6 millóns de euros para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios, aos que o Concello de Santiago fai unha achega de 3,5 millóns de euros. Eses fondos destínanse maioritariamente ao Servizo de Axuda no Fogar. O executivo municipal tamén deu luz verde á recepción das obras de repavimentación da praza da Nosa Mercé de Conxo e ao inicio do procedemento para contratar a organización dunha nova edición da Festa dos Maiores, que un ano máis se celebrará no marco das Festas da Ascensión.

Co acordo adoptado hoxe, o Concello solicítalle á Xunta unha transferencia finalista para o cofinanciamento dos Servizos sociais comunitarios básicos por unha contía de 2.621.742,96 euros, sobre un orzamento total de 6.265.725,86 euros. A achega municipal sería, polo tanto, de 3.597.840,90 euros, o que supón unha porcentaxe do 57,42% sobre o orzamento total do proxecto. En 2023, a achega municipal foi do 46,47% do total do proxecto, isto é, 2.167.200,13 euros dun total de 4.664.032,20 euros.Do importe solicitado á Xunta, 2.243.002 euros serán para o Servizo de Axuda no Fogar, fronte aos 3.010.673,21 euros que o Concello achegará ao servizo neste ano. O incremento con respecto a 2023 será de 54.140 euros na subvención da Xunta, e de 1.519.187,13 euros na achega municipal para o SAF.Ademais do SAF, a transferencia da Xunta está destinada a cofinanciar gastos de persoal e ao reforzo dos equipos de infancia e familia.Repavimentación da praza da Nosa Mercé de ConxoO executivo municipal deu luz verde esta mañá o inicio de trámites para a recepción das obras de repavimentación da Praza da Nosa Mercé de Conxo. Coa realización desta intervención, o Concello dá resposta ás reclamacións por parte da veciñanza do barrio que solicitaban melloras no estado do firme.Durante as obras, levouse a cabo a substitución do pavimento de lastro por un pavimento de alcatrán impreso en cor vermella, o que permitiu elevar a vía 15 cm sobre o pavimento actual e eliminar os bordos creando unha plataforma compartida. Tamén se instalaron dúas marquesiñas de autobús e se renovou a sinalización horizontal e vertical.O contrato o das obras de “repavimentación da praza da Nosa Mercé de Conxo” fora adxudicado á empresa FRANCISCO GÓMEZ Y CÍA SL por un orzamento de 111.522 euros (92.166,94 euros sen IVE).Festa dos maioresA Xunta de Goberno tamén aprobou o expediente de contratación do servizo de Festa dos maiores para os anos 2024 e 2025, cun orzamento base de licitación de 99.792,00 € (base impoñible de 90.720,00 € e IVE do 10% de 9.072,00 €).O Concello de Santiago promove dende hai anos a celebración da Festa dos Maiores nas instalacións Municipais do Recinto Feiral de Amio na que se celebra un xantar popular, seguido de orquestra e baile. O obxectivo deste evento, que se celebra no marco das Festas da Ascensión, é fomentar a participación e a interacción das persoas maiores de distintas parroquias e lugares do termo municipal, celebrando un día especial nun espazo de encontro no que se sintan protagonistas.Outros asuntosNa sesión desta mañá tamén se deu luz verde á aprobación do proxecto técnico para a renovación da infraestrutura de iluminación e do peche perimetral suroeste do campo de fútbol municipal das Cancelas. Este contrato contará cun orzamento base de licitación por valor de 184.314,92 € + 21% IVE e un prazo previsto de execución previsto é de seis semanas.O executivo municipal tamén acordou a adxudicación do servizo de subministración de equipos denominados traxes de intervención e protección persoal (chaquetóns e cubrepantalóns) con arnés para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Santiago de Compostela á empresa AXATON SL por un importe de 129.240,10 € (base impoñible de 106.810,00 € máis IVE do 21% de 22.430,10 €).

Leer más:   Retransmisión do pleno ordinario de 30 de marzo

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.