Inicio Últimas Noticias Esta tarde entréganse os VI Premios Santiago Deporte a persoas e entidades...

Esta tarde entréganse os VI Premios Santiago Deporte a persoas e entidades relevantes neste ámbito

DEPORTES
Esta tarde entréganse os VI Premios Santiago Deporte a persoas e entidades relevantes neste ámbito

18/03/2024 O Auditorio de Galicia acollerá esta tarde a partir das 20 horas a gala dos VI Premios Santiago Deporte. Na cerimonia entregaranse os galardóns nas 12 categorías desta edición cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidirá esta tarde a gala dos VI Premios Santiago Deporte que terá lugar no Auditorio de Galicia a partir das 20 horas, e que tamén contará coa presenza da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e varios membros da Corporación municipal. O acto será retransmitido por streaming nesta ligazón.Premiados/asNo apartado de deportista feminina categoría base, a gañadora é a atleta nas categorías de mushing, atletismo e montaña, Julia Salvado Diéguez. O galardón ao mellor deportista masculino, tamén categoría base, recae no atleta de triatlón Lucas García Picón. En categoría absoluta, a mellor deportista feminina é a ciclista Iria Nieto Romero, mentres que en categoría masculina se alza co recoñecemento Luis Penido, piloto de rally. En canto ao deporte adaptado, o equipo de rugbi inclusivo Tuxeleires creado en 2022 acada o recoñecemento do xurado.A entidade deportiva máis destacada desta edición é o Club Natación Cidade de Santiago, mentres que a entidade educativa galardoada será ASPANAES. O recoñecemento ao patrocinio deportivo recae en Joyería Jael. Tamén se premia a Asociación Española Contra o Cancro como promotora da mellor actividade ou acción social.O galardón ao/á adestrador/a máis destacado/a o recibirán Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, axudantes de Moncho Fernández no Obradoiro CAB, e recoñecerase o labor como árbitra de Chus Blanco Arnejo, tamén en baloncesto.O premio honorífico desta edición á traxectoria deportiva será para o xogador de squash Borja Golán. Ademais, acordouse unha mención especial ao xadrecista José Luís Veiga.Por outra banda, o Departamento de Deportes acordou facerlles á Policía Local e a Protección Civil un recoñecemento polo seu labor e entrega nos eventos deportivos que se celebran ao longo de todo o ano na cidade.Comité avaliadorPara o outorgamento destes premios constituíuse un comité avaliador, presidido pola alcaldesa da cidade e integrado pola concelleira de Deportes; por un membro de cada un dos grupos políticos con representación municipal; un representante de cada un dos medios de comunicación con sede local en Santiago.

Leer más:   Conmoción en Lires por el fallecimiento de una mujer de 60 años

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.