Inicio Últimas Noticias Entréganse os VI Premios Santiago Deporte

Entréganse os VI Premios Santiago Deporte

DEPORTES
Entréganse os VI Premios Santiago Deporte

18/03/2024 O Auditorio de Galicia acolleu onte a gala dos VI Premios Santiago Deporte na que se fixo entrega dos galardóns nas 12 categorías desta edición cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu a gala dos VI Premios Santiago Deporte que tivo lugar no Auditorio de Galicia a partir das 20 horas, e que tamén contou coa presenza da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e varios membros da Corporación municipal.Premiados/asNo apartado de deportista feminina categoría base, a gañadora foi a atleta nas categorías de mushing, atletismo e montaña, Julia Salvado Diéguez. O galardón ao mellor deportista masculino, tamén categoría base, recaeu no atleta de triatlón Lucas García Picón. En categoría absoluta, a mellor deportista feminina foi a ciclista Iria Nieto Romero, mentres que en categoría masculina se alzou co recoñecemento Luis Penido, piloto de rally. En canto ao deporte adaptado, o equipo de rugbi inclusivo Tuxeleires creado en 2022 acadou o recoñecemento do xurado.A entidade deportiva máis destacada desta edición foi o Club Natación Cidade de Santiago, mentres que a entidade educativa galardoada foi ASPANAES. O recoñecemento ao patrocinio deportivo recaeu en Joyería Jael. Tamén se premiou a Asociación Española Contra o Cancro como promotora da mellor actividade ou acción social.O galardón ao/á adestrador/a máis destacado/a o recibírono Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, axudantes de Moncho Fernández no Obradoiro CAB, e recoñeceuse o labor como árbitra de Chus Blanco Arnejo, tamén en baloncesto.O premio honorífico desta edición á traxectoria deportiva foi para o xogador de squash Borja Golán. Ademais, acordouse unha mención especial ao xadrecista José Luís Veiga.Por outra banda, o Departamento de Deportes acordou facerlles á Policía Local e a Protección Civil un recoñecemento polo seu labor e entrega nos eventos deportivos que se celebran ao longo de todo o ano na cidade.Comité avaliadorPara o outorgamento destes premios constituíuse un comité avaliador, presidido pola alcaldesa da cidade e integrado pola concelleira de Deportes; por un membro de cada un dos grupos políticos con representación municipal; un representante de cada un dos medios de comunicación con sede local en Santiago.

Leer más:   O Concello investirá máis de 150 mil euros na mellora da conectividade de Pontepedriña coa construción de dous novos pasos sobre o río Sar

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.