Inicio Últimas Noticias Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con...

Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou con limitacións no uso do transporte colectivo

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou con limitacións no uso do transporte colectivo

18/03/2024 A partir de mañá xa se poden solicitar as axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, máis coñecidas como “bonotaxi”. O orzamento, de 15.000 euros; e as bases, que hoxe publica o BOP, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aprobáronse o pasado día 11 en Xunta de Goberno. O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de marzo.

Leer más:   Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2023/24

Poderanse beneficiar das axudas de taxi as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago, que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos; aquelas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75%, ou as persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados dende calquera centro hospitalario da cidade.Tamén poderán acceder a estas axudas aquelas persoas residentes no rural que padezan algún tipo de discapacidade, aquelas que presenten determinadas doenzas, ou persoas maiores de 65 anos afectadas polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.As axudas calcularanse segundo os ingresos da persoa solicitante, e ingresaranse nun pago único. Así, as persoas cun límite de ingresos de ata o 150% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), poderán percibir ata 350 euros. Aquelas que ingresen entre o 150% e o 250% do IPREM anual, poderían solicitar ata 250 euros. E as que os seus ingresos se situen entre o 250% e o 300% do IPREM anual terán dereito a un máximo de 150 euros, tamén nun pago único.

Leer más:   Concello de Santiago, USC e clubs deportivos de Compostela acordan as condicións de uso das instalacións universitarias

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.