Inicio Últimas Noticias Preto de 160 atletas participarán este sábado na XXI edición do Duatlón...

Preto de 160 atletas participarán este sábado na XXI edición do Duatlón Cidade de Santiago

DEPORTES
Preto de 160 atletas participarán este sábado na XXI edición do Duatlón Cidade de Santiago

15/03/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou hoxe os detalles do XXI Duatlón Cidade de Santiago e do XXIV Duatlón Escolar. Na rolda estivo acompañada por Paloma Herbello Hermelo, presidenta do Club Triatlón Santiago e por Juan Carlos Ageitos Sampedro, delegado da Federación Galega de Triatlón na comarca de Santiago.

Este sábado 16 de marzo o club compostelán Triatlón Inforhouse Santiago, en colaboración co Concello de Santiago e a Federación Galega de Triatlón, organiza o XXIV Duatlón Escolar Cidade de Santiago que terá lugar a partir das 09:30 horas, que estará seguido dunha proba do Circuíto Supersprint. Na xornada de tarde celebrarase o XXI Duatlón Cidade de Santiago dende as 15:30 as 19:30 nas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete.A concelleira de Deportes animou á veciñanza a achegarse ao barrio de San Lázaro para ver a proba e gozar tamén da Festa da Uña que se celebra esta fin de semana.XXIV Duatlón Escolar Cidade de SantiagoEsta competición será clasificatoria para o Campionato Galego de Duatlón e participarán 157 atletas, das cales 26 serán mulleres, de distintos clubs de Galicia.A proba transcorre polas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro e constará de 3 saídas. Comezarán ás 15:30 coa saída masculina sen tempo de corte, as 17:15 será a saída masculina con corte e finalmente as 17:30 a saída feminina. Neste caso as distancias serán de 5 km de carreira a pé antes de enfrontarse o circuíto de ciclismo de 18,5 km co atractivo de ter que subir 3 veces ó Monte do Gozo e finalmente outra carreira a pé de 2,5 km.Duatlón escolarA proba escolar será clasificatoria a nivel provincial dentro do programa Xogade promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte. Estas probas están dirixidas a rapazas e rapaces nados entre o 2009 e 2016. Ademais haberá unha proba non competitiva para os máis pequenos, nados entre 2016, 2017 e 2018 que teñan os 6 anos cumpridos. A saídas serán por categorías entre as 09:30 as 12:00, recorrendo distancias entre 200 e 1600 m na carreira a pé e entre 1,7 e 6,8 Km no sector de bicicleta. Estímase unha participación de 200 rapazas e rapaces.SupersprintFinalizadas as probas escolares, será o turno dos deportistas federados a nivel autonómico de categorías cadete, xuvenil e junior nunha proba puntuable para o Circuíto Supersprint. En primeiro lugar deben facer 2 Km de carreira a pé polas bancadas da zona de aparcamento do estadio municipal seguidos de 7,2 km de ciclismo na estrada que leva o Monte do Gozo e finalmente outra carreira a pé de 1Km o redor do estadio.Este mesmo percorrido será ao que se enfrontarán os deportistas na proba promocional aberta a deportistas non federados ou con licenza de ciclismo. O obxectivo desta proba é facilitar os deportistas afeccionados unha toma de contacto con esta disciplina deportiva. Este ano coma novidade esta proba pódese participar por equipos: un corredor máis un ciclista en categorías feminina, masculina e mixta.No conxunto das saídas en distancia Supersprint, participarán 145 deportistas.

Leer más:   Semana Santa: ¿Cobraré mi pensión en Santiago de Compostela? Consulta nuestro calendario para descubrirlo

- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Está la mejor cofradía de Semana Santa de España en Santiago de Compostela?
Artículo siguienteIncendio en cocina de A Coruña deja a una mujer herida
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.