Inicio Últimas Noticias Concello e hostalaría dan un paso máis na creación dunha mesa para...

Concello e hostalaría dan un paso máis na creación dunha mesa para o diálogo co sector

ALCALDÍA
Concello e hostalaría dan un paso máis na creación dunha mesa para o diálogo co sector

14/03/2024 A alcaldesa e os concelleiros de Convivencia, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas na que lles presentaron unha proposta de regulamento da Mesa para o diálogo co sector. Unha vez consensuada, o regulamento terá que ser aprobado polo Pleno municipal como requisito o previo á constitución desta nova vía de comunicación na que se tratarán temas de interese común para o Concello e o sector.

Tras o encontro, a rexedora explicou que a proposta presentada detalla as “reglas de uso e de funcionamento, así como as entidades e persoas con representación, as concellarías implicadas e os representantes dos diferentes grupos políticos da Corporación”, e tamén recolle a posilidade de que asistan “persoas expertas ou de outras entidade para temas concretos”. Durante a xuntanza tamén se trataron os temas concretos que se abordarán na Mesa, aínda que tamén poderán incluirse “aquelas iniciativas que queiran levar as persoas integrantes na mesa”.Segundo detallou Goretti Sanmartín, ambas partes contarán agora “cun prazo razoable de 15 días para poder darlle o visto e prace definitivo a este regulamento” que deberá pasar despois pola Comisión informativa e ser aprobado polo Pleno para constituir finalmente a Mesa “esperamos que antes do verán”. Para a rexedora, esta nova ferramenta de diálogo pon en valor o sector da hostalaría como “centro e motor fundamental da nosa cidade” e permitirá avanzar en melloras destes “espazos de chamamento e de dinamización socieconómica do noso Concello”.Os representantes do sector presentes na reunión valoraron de xeito positivo este novo avance cara á constitución da Mesa polo gran peso cultural e económico do sector na cidade e por tratarse dunha demanda histórica que busca o diálgo sobre temas trasnversais que trascenden as diferentes orientacións políticas.Na reunión tamén se fixo un repaso por outros temas de interese común como o balance da campaña Fala Baixiño. A alcaldesa destacou a “gran receptividade” da campaña por parte da sector. “A hostalaría de Santiago é unha hostalaría que é segura, que ten un bo funcionamento, que pretende ser integradora e inclusiva e que sempre chama a esa concienciación necesaria a garantir o dereito ao descanso da veciñanza”, engadiu.

Leer más:   O Concello promove a reciclaxe coa iniciativa 'Que ben que vén!'

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLas más innovadoras universidades privadas según Forbes: Ie University, Alfonso X el Sabio y Unir
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.