Inicio Últimas Noticias Aberto o prazo de inscrición ao curso de iniciación á horta ecolóxica

Aberto o prazo de inscrición ao curso de iniciación á horta ecolóxica

PARQUES E XARDÍNS
Aberto o prazo de inscrición ao curso de iniciación á horta ecolóxica

14/03/2024 O Curso de iniciación á horta ecolóxica terá lugar o vindeiro 5 de abril e será impartido por Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) do Parque de Belvís. Trátase dunha formación impulsada polo Concello de Santiago a través do seu Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo.

O Curso de iniciación á horta ecolóxica desenvolverase o venres 5 de abril entre as 16:15 e as 20:30 horas no CIPX do parque de Belvís. Enrique Benet, presidente da Fundación Galicia Verde, será o encargado de impartir esta formación na que se abordarán contidos sobre o cultivo da terra, a preparación de bancais e captación da auga ou a plantación.O curso é gratuito e número de prazas é limitado, polo que é necesario inscribirse a través do número 661406995 ou mandando un correo electrónico a irene.lopez@prezero.com.

Leer más:   Xuntanza do goberno coa Asociación veciñal Coto da Nai de Aríns

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLas más innovadoras universidades privadas según Forbes: Ie University, Alfonso X el Sabio y Unir
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.