Inicio Últimas Noticias A Policía Local de Santiago imparte un curso práctico sobre seguridade viaria...

A Policía Local de Santiago imparte un curso práctico sobre seguridade viaria para persoas maiores

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
A Policía Local de Santiago imparte un curso práctico sobre seguridade viaria para persoas maiores

14/03/2024 O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu esta semana unha charla sobre seguridade viaria impartida por membros da Policía Local e dirixida a persoas maiores de 65 anos. Baixo o título “Maiores máis seguros”, a formación completouse cunha ruta práctica polo barrio das Fontiñas co obxectivo de identificar os posibles perigos e os lugares máis seguros por onde camiñar e cruzas as vías durante o percorridos cotiás das persoas participantes.

Enmarcada no programa de actividades do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, o obxectivo desta charla é achegar unha serie de recomendacións ás persoas maiores para que poidan desenvolver un papel activo na prevención de accidentes na vía pública tendo en conta as particularidades asociadas á súa idade. Así, durante a formación celebrada no CSC de Fontiñas, as persoas asistentes recibiron indicacións sobre cales son as conductas máis seguras á hora de camiñar e cruzar por unha estrada ou vía urbana ou de utilizar o transporte público.Respecto á condución de vehículos, os instructores tamén fixeron fincapé nunha serie de recomendacións asociadas ás limitacións propias da idade como a pérdida de visión, de oído ou diminución de reflexos, etc. Neste sentido, os axentes recordaron a importancia de someterse a revisións periódicas e tamén alertaron dos efectos negativos que moitos medicamentos teñen na condución de vehículos, de ahí a necesidade de consultalo co médico ou confirmalo no prospecto do produto.A actividade rematou cun paseo polas rúas da zona de Fontiñas para amosar dunha maneira práctica a estas persoas cales son os perigos cos que se poden encontrar nas súas rutas diarias e cales son os lugares mais seguros por onde camiñar e cruzas as vías. Ademais, cada persoa participante recibiu cadanseu chaleco reflectante para que cando vaian camiñando polas vías públicas sexan perfectamente visibles con suficiente antelación polos conductores que se acheguen a eles.

Leer más:   Programa completo de todos los festivales y conciertos en Santiago en septiembre

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLas más innovadoras universidades privadas según Forbes: Ie University, Alfonso X el Sabio y Unir
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.