Inicio Últimas Noticias Os nove concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros reiteran o...

Os nove concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros reiteran o seu compromiso co proxecto

BOMBEIROS
Os nove concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros reiteran o seu compromiso co proxecto

13/03/2024 A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe a xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros, convocada para explicar os avances neste proxecto. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, deu conta da reunión que mantivo onte coa Xunta e coa Deputación Provincial da Coruña, na que as tres administracións mostraron a súa vontade de ter asinado ao longo deste ano o convenio para desenvolver o parque comarcal.

A alcaldesa mostrou a súa satisfacción polo resultado da xuntanza que tivo lugar onte “despois de meses de traballo, nos que avanzamos de maneira considerable para que o parque comarcal de bombeiros sexa unha realidade despois de moitos anos de espera”. Nese sentido, Goretti Sanmartín agradeceu o compromiso de Xunta e Deputación, que onte ratificaron os seus compromisos financeiros co parque comarcal”. Xunta e Deputación achegarán ao proxecto tres millóns de euros, dos que dous millóns serán para as obras das futuras instalacións, e un millón de euros anual para os custos de persoal. Para a rexedora, “hoxe é un día para felicitármonos pero tamén para seguir traballando para que o convenio poida ser asinado canto antes”.Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade e Convivencia explicou que “a comarcalización do servizo de bombeiros é un proxecto moi ambicioso, porque falamos de atender desde Santiago a nove concellos que suman case 180.000 habitantes e unha extensión de máis de 900 quilómetros cadrados”. Xan Duro lembrou que a principal traba para a posta en marcha do parque comarcal tiña que ver coa dotación de persoal, “porque desde o Concello de Santiago sempre consideramos que non se podía atender o servizo tirando só de horas extras, senón que defendimos que era precisa a contratación de máis persoal, tal e como avalan os últimos informes técnicos”. O edil avanzou que “existe a posibilidade de cubrir inicialmente as prazas necesarias con interinidades, posto que a resolución dos procesos de oposicións para a cobertura definitiva require de prazos máis demorados”.Xan Duro explicou tamén que o Concello de Santiago traballa xa en dúas cuestións, “os aspectos máis xurídicos relacionados co convenio de colaboración para a posta en marcha do parque comarcal, e os estudos técnicos que teñen que desenvolver os bombeiros para coñecer as características dos nove municipios implicados no que tén que ver coa atención a posibles emerxencias”. Por último, reiterou que a comarcalización “non depende de ter unhas novas instalacións, xa que o servizo pódese empezar a prestar desde as actuais dependencias mentres non se resolva a construción do novo edificio”.Na reunión que tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi participaron os alcaldes e alcaldesas de Ames, Blas García; Teo, Lucía Calvo de la Uz; Vedra, Carlos Martínez; Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Val do Dubra, Diego Díaz; Trazo, Josefina Suárez; e O Pino, Manuel Taboada. Non puido asistir por cuestións de axenda o alcalde de Brión, Pablo Lago.

Leer más:   ALERTA | Detectan fresas de Marruecos infectadas con Hepatitis A en Santiago de Compostela

- Te recomendamos -
Artículo anteriorDormir de lado, la mejor postura para descansar y elegida por un 76% de los españoles
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.