Inicio Últimas Noticias O Concello colabora con Alcer Coruña na celebración do Día Mundial do...

O Concello colabora con Alcer Coruña na celebración do Día Mundial do Ril

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS E DEPORTES
O Concello colabora con Alcer Coruña na celebración do Día Mundial do Ril

13/03/2024 O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Mundial do Ril, e colabora con Alcer Coruña nas actividades que a entidade vai poñer en marcha ao redor do 14 de marzo. O concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais en funcións, Xan Duro, deu conta hoxe das diferentes accións, nunha rolda de prensa na que tamén participaron a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o delegado de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, e o director de Marketing da SD Compostela, Miguel Fernández.

Santiago vaise sumar á conmemoración do Día Mundial do Ril con diferentes actividades impulsadas por Alcer Coruña, co obxectivo de dar unha maior visibilidade á enfermidade renal e concienciar á poboación sobre a necesidade de promover hábitos de vida saudables. O concelleiro Xan Duro incidiu “no importante traballo que desenvolve Alcer, que cobre ocos que non cobren as administracións competentes, e que melloran sensiblemente a vida dos doentes e das sús familias a través dos seu programas de terapia ocupacional, de atención psicolóxica, ou de orientación sociolaboral”. Tamén lembrou a colaboración que vén mantendo de maneira estable o Concello de Santiago coa entidade, no seu programa de promoción da doazón de órganos “Alcer 7 vidas”.Pola súa banda, a concelleira de Deportes tamén puxo en valor o traballo de Alcer e agradeceu “a disposición que sempre mostra a SD Compostela para colaborar con causas solidarias”, e convidou á veciñanza a acudir ao partido do domingo, “por suposto por arroupar á asociación e coñecer máis da enfermidade renal, pero tamén para apoiar ao noso equipo de referencia”.Apagón reivindicativoA primeira das accións vinculadas ao Día Mundial do Ril terá lugar esta mesma noite. Trátase do apagón da iluminación do Pazo de Raxoi, entre as 22.00 e as 24.00 horas, co obxectivo de denunciar a situación que atravesan os pacientes renais que reciben técnicas de diálise domiciliaria. Tal e como explica Alcer, “estes doentes aforran gasto público, porque non requiren a atención en centros sanitarios máis de 20 horas semanais, pero teñen que afrontar un maior gasto eléctrico nos seus domicilios, e tamén ter as mellores características nos seus fogares para poder realizar o tratamento en óptimas condicións”. Co apagón desta noite, Alcer quere reivindicar que se habiliten axudas para estes pacientes, para sufragar eses maiores gastos en auga e electricidade.Mesas informativas e colaboración da SD CompostelaAo longo do día de mañá, Alcer Coruña terá instaladas dúas mesas informativas, nas que se realizarán medicións de glicosa e de tensión arterial. Pola mañá, a partir das 10.00, a asociación estará na estación intermodal, e pola tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas, o posto estará localizado na Praza do Toural.Xa no domingo, Alcer Coruña informará sobre a enfermidade renal nos dous postos que van instalar no estadio Vero Boquete de San Lázaro, no marco do partido que enfrontará á SD Compostela coa Unión Deportiva Langreo. Neste caso, o obxectivo é animar á poboación a facerse doadora de órganos, “porque cada persoa falecida pode salvar ata sete vidas de persoas que precisan un transplante, e porque hai posibilidades para doar en vida un ril ou parte do fígado a persoas achegadas que precisen destes órganos”. Na actualidade, segundo os datos de Alcer Coruña, en Galicia hai preto de 300 persoas agardando por un transplante de órganos.A saúde renal, unha gran descoñecidaAlfredo Saborido explicou que a Enfermidade Renal Crónica (ERC) “convertiuse nun grave problema de saúde pública, case ao nivel de epidemia”, e en España estímase que lle afecta xa a uns 7 millóns de persoas, unha parte importante delas sen diagnosticar. Na última década, os pacientes en diálisis ou trasplantadas aumentou en máis dun 30%, e en Galicia son máis de 2.000 persoas as que reciben tratamento de diálese.O responsable de Alcer Coruña incidiu en que “para preservar a saúde renal é fundamental garantir hábitos de vida saúdables: beber dous litros de auga ao día, evitar alimentos procesados, realizar exercicio físico e evitar a automedicación, sobre todo de antiinflamatorios que teñen un gran impacto no funcionamento renal”.

Leer más:   A Real Filharmonía de Galicia promove un encontro co seu público

- Te recomendamos -
Artículo anteriorDormir de lado, la mejor postura para descansar y elegida por un 76% de los españoles
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.