Inicio Últimas Noticias Compostela promociónase en Corea buscando un turismo de alto valor engadido

Compostela promociónase en Corea buscando un turismo de alto valor engadido

TURISMO
Compostela promociónase en Corea buscando un turismo de alto valor engadido

13/03/2024 O gasto medio diario dun turista coreano foi de 386 euros diarios, segundo os datos de Turespaña, máis do dobre que o o gasto medio dun turista internacional, que se situou en 177 euros

Turismo de Santiago participou os pasados 11 e 12 de marzo nunhas xornadas de comercialización directas para o mercado coreano organizadas por Turespaña. Nas xornadas, que se celebraron en Seul, paraticiparán axentes de viaxes e turoperadores procedentes do país, seleccionados previamente pola Oficina Española de Turismo de Tokio, que é a que cubre o sudeste asiático.En concreto, Turismo de Santiago mantivo reunións con 17 representantes de empresas interesadas en traballar con Compostela como destino turístico. Un dato moi relevante das posibilidades que ten a Santiago no mercado coreano é que cinco destas persoas xa visitaron previamente a cidade.O mercado coreano é un mercado estratéxico para desenvolver un modelo turístico baseado no aporte de maior valor engadido ao conxunto da cidade. Por unha banda, o gasto medio dos turistas coreanos é moi elevado, chegando no 2023 a 386 euros diarios, máis do dobre que a media en xeral dos turistas internacionais, que foi de 177 euros.Por outra banda, o turismo procedente de Corea é unha ferramenta para incentivar a desestacionalización da demanda. Así, cabe destacar que nos últimos anos, exceptuando os anos da crise no sector turístico xerada polo Covid-19, Corea do Sur é un dos países con maior número de peregrinos e peregrinas durante os meses de inverno.En concreto, nos meses de xaneiro e febreiro Corea do Sur foi o terceiro país cun maior número de Compostelas entregadas, segundo os datos da Oficina de Acollidao ao Peregrino, con 448 entre ambos meses, só tras España e Portugal. No conxunto do 2023 Corea do Sur foi o noveno país con maior número de Compostelas entregadas, con máis de 7.500.

Leer más:   Últimos días para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

- Te recomendamos -
Artículo anteriorDormir de lado, la mejor postura para descansar y elegida por un 76% de los españoles
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.