Inicio Últimas Noticias Case 300 judokas participarán esta fin de semana no XVI Trofeo de...

Case 300 judokas participarán esta fin de semana no XVI Trofeo de Judo Cidade de Santiago

DEPORTES
Case 300 judokas participarán esta fin de semana no XVI Trofeo de Judo Cidade de Santiago

13/03/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada por David Neira, delegado comarcal da Federación Galega de Judo e Xaquín Baldomir do judo club base, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XVI Trofeo “Cidade de Santiago”, que reunirá esta fin de semana en Compostela a 280 judokas de varios lugares de España e Portugal, pertencentes á categoría infantil. O domingo tamén terá lugar a iniciativa XOGAJUDO, para achegar esta disciplina a arredor de 370 cativos e cativas.

O Pavillón Municipal do Santa Isabel acollerá este sábado 16 de marzo o Campionato de España Infantil de Judo, tanto na súa categoría masculina como feminina. A competición comezará ás 9 horas e a entrega de trofeos. Esta campionato encádrase dentro do sistema de competicións nacionais, anuais e puntuables, establecido pola Real Federación Española de Judo como sistema de clasificación para o campionato de España.Tamén se celebrará no pavillón de Santa Isabel o vindeiro domingo, 17 de marzo, o XOGAJUDO zona de Santiago, que contará coa participación de 370 deportistas nas categorías benxamín, alevín e infantil, procedentes de toda Galicia. O obxectivo desta iniciativa é instaurar hábitos de práctica deportiva saudables nos rapaces e rapazas, achegando esta disciplina deportiva dun xeito fácil e divertido, aos nenos e nenas, fomentando así o deporte base. Santa Isabel tamén acollerá este domingo a partir das 10:30 horas o I Trofeo de Judo Promoción dirixido ás categorías biberón e prebenxamín, entre 3 e 5 anos.O trofeo está organizado polas Federacións Galega e Española co apoio do Concello de Santiago. A concelleira de Deportes animou á veciñanza a achegarse esta fin de semana a ver as competicións e converter así Compostela na “capital do deporte”.

Leer más:   O alcalde entrega os premios pola participación no certame de traballos literarios da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDormir de lado, la mejor postura para descansar y elegida por un 76% de los españoles
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.