Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da...

O Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros

BOMBEIROS
O Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros

12/03/2024 O Concello de Santiago e o consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña, conformado pola Xunta e a Deputación Provincial manteñen o seu compromiso de colaboración para avanzar na comarcalización do servizo de bombeiros, tal e como se reafirmou nunha xuntanza mantida hoxe entre representantes das administracións implicadas.

Así, tal e como se establecera xa en xuntanzas anteriores, o investimento por parte da Xunta e a Deputación, compartido ao 50%, ascenderá a tres millóns de euros, dos que dous millóns  irán a sufragar as obras do novo parque e un millón anual para financiar o funcionamento deste servizo comarcal. Tanto a Deputación como a Xunta de Galicia teñen xa consignadas estas partidas económicas nos seus orzamentos deste ano.Pola súa banda, o Concello de Santiago encargarase da contratación do persoal, da licitación do servizo e da contratación das obras precisas. A administración local comprometeuse a enviar a documentación técnica precisa para avanzar na tramitación de cara á sinatura ao longo deste ano do convenio para a comarcalización do servizo de bombeiros, que podería comezar a prestarse de forma provisional desde as instalacións actuais do parque de bombeiros de Santiago.No encontro celebrado hoxe participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o deputado provincial José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro

Leer más:   O venres arranca 'Alameda en Xogo' dentro da programación de 'Compostela, a Estrela do Nadal'

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLaLiga amplía su acción contra el racismo con ‘Vs racism’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.