Inicio Últimas Noticias La Morena gaña o premio á mellor tapa creativa de Santiago(é)Tapas con...

La Morena gaña o premio á mellor tapa creativa de Santiago(é)Tapas con “Crocante de abelá e praliné de maracuyá”

TURISMO
La Morena gaña o premio á mellor tapa creativa de Santiago(é)Tapas con “Crocante de abelá e praliné de maracuyá”

12/03/2024 A XV edición de concurso de tapas de Santiago de Compostela, que se celebrou por primeira vez en febreiro, rematou con preto de 25.000 tapas consumidas nos locais participantes.

O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela. O concurso celebrouse do 15 de febreiro ao 3 de marzo. Por primeira vez tivo lugar nestas datas, logo de que a Asociacións Hostelería Compostela solicitase o cambio xa que en novembro, nas datas tradicionais do concurso, xa hai unha actividade importante no sector froito do proceso de desestacionalización turística que está a vivir o destino.No acto de entrega de premios participaron representantes das diferentes entidades e empresas que patrocinan e colaboran co concurso: a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Turismo, Míriam Louzao; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o responsable da Área de Calidade alimentaria da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Ricardo Rivas; o xerente de Cash Record, Simón Quintela; o promotor de vendas de Cafés Dromedario, Bruno Hermida; o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández; o wine ambassador de Ponte da Boga en Santiago, Alberto García; e a responsable do Departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da Asociación Galega de Persoas Celíacas, Nuria Colmenero.A alcaldesa, Goretti Sanmartín, suliñou que o éxito de Santiago(é)tapas no mes de febreiro vai na liña de traballo que se está desenvolvendo para conseguir mudar o modelo turístico de Santiago, apostando pola colaboración co sector e o fomento da desestacionalización con actividades que dinamicen Compostela nos meses de tempada baixa. Tamén agradeceu as facilidades que deu a Deputación da Coruña para o cambio de datas, xa que sen o seu apoio non sería posible o mesmo.Pola súa banda, segundo sinalou a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, o cambio de datas non tivo impacto nin no número de locais participantes nin no consumo. Así, neste ano consumíronse preto de 25.000 tapas, unha cifra similar a da última edición de novembro de 2022. Míriam Louzao destacou que estes datos eran moi relevantes, tanto porque se produciron no mes de febreiro, un mes moi complexo para o sector, como porque o 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.Os locais gañadores dos diferentes premios foron:Mellor tapa creativa: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.Mellor tapa tradicional: Estamos como cabras, Artesana.Mellor tapa doce: Crocante de abelá e praliné de maracuyá, La Morena.Mellor tapa en maridaxe con viño: Cachucha, grelo e calçot, Nómade.Mellor tapa en maridaxe con cervexa: Bomba de polbo á feira, La Planta.Mellor tapa sen glute: Castaña Doce, A Maceta.

Leer más:   O Concello paraliza as obras que provocaron a caída do muro medianeiro nun edificio da rúa do Coto

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLaLiga amplía su acción contra el racismo con ‘Vs racism’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.