Inicio Últimas Noticias Aberto o prazo de inscrición para a VIII edición da carreira nocturna...

Aberto o prazo de inscrición para a VIII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K o vindeiro 27 de abril

DEPORTES
Aberto o prazo de inscrición para a VIII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K o vindeiro 27 de abril

12/03/2024 Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o sábado 27 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona monumental.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do representante do Club de Atletismo Fontes de Sar, Ramón García, e do director técnico da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Jesús Silva, presentou esta mañá en rolda de prensa os detalles da VIII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K, que se celebrará en Compostela o vindeiro 27 de abril ás 22.00 horas e que terá como límite máximo de participantes, 1.500.Pilar Lueiro recordou que esta proba está incluída no circuíto de carreiras Patrimonio da humanidade, e que un ano máis contará coa presenza de ENKI, asociación que traballa pola inclusión das persoas con diversidade funcional no lecer e no deporte, con especial atención aos menores, que participarán nesta carreira con transporte adaptado.Como en anteriores edicións, a SantYaGo está orientada ao corredor popular, que vén a Santiago a gozar e coñecer a cidade facendo deporte. Mantendo o seu carácter lúdico, o este evento deportivo tamén contará cunha variedade de actuacións en directo ao longo de todo o percorrido, e unha serie de sorteos destinados aos rexistrados e voluntarios. A concelleira destacou que se trata dun “evento deportivo, pero tamén festivo e cultural” e animou a toda a cidadanía a participar “se non é correndo, é animando, para convertila na gran festa do deporte e do atletismo”. Para impulsar a participación, a carreira porá tamén este ano a disposición das persoas interesadas, o “dorsal peregrino”.InscriciónPara inscribirse haberá dous prazos: ata o 31 de marzo, cun prezo de inscrición de 10€; e do 1 ao 21 de abril, que pasará a 13 €. As inscricións deberán realizarse a través da páxina web da SantYaGO 10k.Os abonados ao multiúsos Fontes do Sar e o CD Santa Isabel disfrutarán dun desconto de 2€ na inscripción.Historia da probaSantYaGo10k naceu en 2015 da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo.Esta carreira conta co apoio do Concello de Santiago, o Multiúsos Fontes do Sar/Complexo Deportivo de Santa Isabel e as federacións galega e española de atletismo. Tamén colaboran na carreira a Policía Local de Santiago, Protección Civil, Cruz Vermella, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Turismo de Santiago de Compostela e Kodular, así como outras entidades e empresas da cidade.

Leer más:   A modificación puntual do PXOM para o antigo Peleteiro contempla unha gran praza pública de 1.395 metros cadrados

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLaLiga amplía su acción contra el racismo con ‘Vs racism’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.