Inicio Últimas Noticias O Auditorio acollerá o vindeiro 18 de marzo a gala de entrega...

O Auditorio acollerá o vindeiro 18 de marzo a gala de entrega dos Premios Santiago Deporte

DEPORTES
O Auditorio acollerá o vindeiro 18 de marzo a gala de entrega dos Premios Santiago Deporte

11/03/2024 Os VI Premios Santiago Deporte terá a súa gala o vindeiro luns, 18 de marzo. Na cerimonia, que comezará ás 20 horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada polo xornalista de Radio Líder, Álvaro Veiga, presentou os detalles dos VI Premios Santiago Deporte, que, ademais do recoñecemento público, conlevan un diploma acreditativo e nunha medalla conmemorativa personalizada. A gala, que terá lugar no Auditorio de Galicia o vindeiro 18 de marzo a partir das 20 horas, será retransmitido por streaming.Pilar Lueiro destacou o labor e a contribución das persoas e entidades premiadas no “fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela” e confirmou a intención por parte do Goberno municipal de que estes recoñecementos “teñan continuidade no tempo” tras algúns anos de parón.Premiados/asNo apartado de deportista feminina categoría base, a gañadora é a atleta nas categorías de mushing, atletismo e montaña, Julia Salvado Diéguez. O galardón ao mellor deportista masculino, tamén categoría base, recae no atleta de triatlón Lucas García Picón. En categoría absoluta, a mellor deportista feminina é a ciclista Iria Nieto Romero, mentres que en categoría masculina se alza co recoñecemento Luis Penido, piloto de rally. En canto ao deporte adaptado, o equipo de rugbi inclusivo Tuxeleires creado en 2022 acada o recoñecemento do xurado.A entidade deportiva máis destacada desta edición é o Club Natación Cidade de Santiago, mentres que a entidade educativa galardoada será ASPANAES. O recoñecemento ao patrocinio deportivo recae en Joyería Jael. Tamén se premia a Asociación Española Contra o Cancro como promotora da mellor actividade ou acción social.O galardón ao/á adestrador/a máis destacado/a o recibirán Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, axudantes de Moncho Fernández no Obradoiro CAB, e recoñecerase o labor como árbitra de Chus Blanco Arnejo, tamén en baloncesto.O premio honorífico desta edición á traxectoria deportiva será para o xogador de squash Borja Golán. Tamén haberá dúas mencións especiais para o xadrecista José Luis Veiga e para a Policía Local e de Protección Civil de Santiago “polo labor que realizan nos eventos deportivos da cidade”, destacou a concelleira.Comité avaliadorPara o outorgamento destes premios constituíuse un comité avaliador, presidido pola alcaldesa da cidade e integrado pola concelleira de Deportes; por un membro de cada un dos grupos políticos con representación municipal; un representante de cada un dos medios de comunicación con sede local en Santiago.

Leer más:   Goretti Sanmartín participa na Asemblea do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España en Alcalá de Henares

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl premio Solvia PropTECH a la mejora de experiencia de cliente lo recibe Homming
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.