Inicio Últimas Noticias As Cidades Patrimonio celebran o seu 30 aniversario en La Laguna

As Cidades Patrimonio celebran o seu 30 aniversario en La Laguna

CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio celebran o seu 30 aniversario en La Laguna

08/03/2024 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou este venres en La Laguna o concerto extraordinario con motivo do 30 aniversario da súa creación, un evento que se celebrou na Catedral desta cidade que ostenta a presidencia do Grupo, e que contou coa presenza do concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás. O éxito do concerto, con aforamento completo, marca o comezo dunha programación que durante os próximos meses encherá de actividades culturais e espectáculos as 15 cidades españolas recoñecidas pola Unesco.

“Este é un acontecemento moi especial para La Laguna e para o Grupo de Cidades Patrimonio de España”, indicou Luís Yeray Gutiérrez. “En primeiro lugar porque celebramos os nosos 30 anos de traxectoria e facémolo cun gran acto cultural nunha contorna patrimonial excepcional, que son dúas das características que nos definen. E, en segundo lugar, porque contamos unha vez máis co respaldo da Casa Real, hoxe representada por dona Sofía, cuxo apoio ao Grupo foi unha constante neste tres décadas e á que estamos profundamente agradecidos”.Ao concerto asistiron, ademais do alcalde de La Laguna e presidente das Cidades Patrimonio, Luís Yeray Gutiérrez; e o vicepresidente segundo, presidente da Comisión de Cultura e alcalde de Segovia (José Mazarías), o resto de alcaldes e alcaldesas do Grupo: Alcalá de Henares (Judith Piquet); Ávila (Jesús Manuel Sánchez Cabrera), Cáceres (Rafael Mateos) e Toledo (Carlos Velázquez). Tamén asistiron en representación das súas cidades o concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás (Santiago de Compostela); Guillermo García de Castro (Tarragona), José Antonio Jiménez Molina (Baeza), Daniel García Ibarrola (Córdoba), Marta Tirado García (Cuenca), Jordi Grivé Cardona (Ibiza/Eivissa), Felipe González Martín (Mérida) e Elena Rodríguez García (Úbeda).O concerto estivo protagonizado pola soprano Raquel Lojendio e o tenor Airam Hernández, acompañados por un grupo de cámara formado por Julia Nikoliszak ao primeiro violín, Eugenia Jaubert de Valcárcel ao segundo violín, Alba Gorrea Muñoz a viólaa, Ciro Hernández ao violoncelo e Satomi Moritomoto ao piano. O programa reunía obras de Haendel, Schubert, Haydn, Beethoven, Bizet, Mozart, Debussy, Barber, Fauré, Gounod e Leonard Cohen, adaptadas por Ciro Hernández para cuarteto de corda e piano.O Concello de La Laguna habilitou unha pantalla xigante no exterior da Catedral para facilitar que o concerto puidese ser gozado polo maior número de persoas, dadas as limitacións de aforamento no interior da Catedral.O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España creouse en 1993 como unha asociación sen ánimo de lucro (declarada polo Ministerio do Interior de Utilidade Pública), coa finalidade de actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio histórico e cultural destas cidades e no mantemento e potenciación de determinadas formas de vida que estes núcleos históricos necesitan, realizando proxectos e propostas comúns, establecendo políticas de intercambios de experiencias e afrontando problemáticas comúns.La Laguna pasou a formar parte do Grupo en 1999, unindo o seu nome aos de Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza, Mérida, Salamanca, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. La Laguna presidirá o Grupo ata xullo de 2024 cando tomará o relevo Santiago.

Leer más:   O Concello de Santiago solicitará ao Goberno Central a subvención para a redución do 50% dos abonos de transporte urbano

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEL TIEMPO en Santiago de Compostela | Todo sobre la borrasca que estropea el fin de semana en España
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.