Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago e Special Olympics Galicia presentan os 26º Xogos...

O Concello de Santiago e Special Olympics Galicia presentan os 26º Xogos Autonómicos de Natación

DEPORTES
O Concello de Santiago e Special Olympics Galicia presentan os 26º Xogos Autonómicos de Natación

06/03/2024 Máis dun cento de deportistas con capacidade intelectual dunha quincena de entidades daranse cita este domingo na capital galega a prol da inclusión.

Special Olympics Galicia e o Concello de Santiago presentaron esta mañá a 26 edición das Xornadas Autonómicas de Natación para persoas con discapacidade intelectual, que a asociación deportiva celebrará este domingo 10 de marzo en Santiago de Compostela. A concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Pilar Lueiro García, e o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández Pérez, estiveron acompañados na presentación da actividade polo deputado provincial de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e pola vicerreitora de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago, Pilar Murias Fernández, como entidades colaboradoras, así como polos representantes da asociación local Aspas, que colabora este ano na iniciativa, da man do seu xerente, Javier García Sánchez, e a deportista Nieves Iglesias Noya, que participará este domingo na xornada deportiva.A representante municipal recalcou a iniciativa por “contribuir a fomentar hábitos de vida saudables e aumentar a autoestima, a superación, as relación persoais das persoas participantes e a plena inclusión, indicando o compromiso do Concello a “seguir apoiando este tipo de iniciativas en anos seguintes, pois somos moi afortunados de poder contribuir a rachar barreiras en favor da inclusión”. “Os e as participantes énchennos as baterías de alegría e de ganas de continuar a traballar por un mundo mellor, pois do que se trata é de rachar coa exclusión e os prexuízos, así como recoñecer a diversidade e defender uns dereitos dos que todos e todas disfrutamos como cidadáns”, polo que animou á veciñanza “a asistir ás probas e comprobar de primeira man o bo ambiente e a contaxiarse do optimismo que se crea ao seu arredor”. O deputado provincial sumouse ao dito pola representante municipal e mostrou o seu recoñecemento a Special Olympics polo labor de inclusión que realiza ao longo de todo ano coas probas deportivas, animando a “gozar a todos e todas este domingo a este acto no que seguro está o éxito garantizado”, tal e como resaltou tamén a representante da USC, destacando a liña marcada pola súa institución de seguir colaborando co tecido deportivo e asociativo.Pola súa parte, o presidente de Special Olympics Galicia agradeceu o apoio a Concello de Santiago, Deputación da Coruña e Universidade de Santiago por permitir realizar estas xornadas, así como á Xunta de Galicia, que non puido estar representada no acto, e animou a desfrutar “deste respiro familiar que son sempre estas xornadas”, ao igual que o xerente de Aspas e unha das deportistas que participarán este domingo, os cales destacaron os beneficios que ofrece esta iniciativa tanto para a saúde como para as relación sociais.Un total de 147 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia participarán neste encontro deportivo, co apoio de 38 adestradores e 30 persoas voluntarias da organización, reunindo a máis de 200 persoas nunha xornada que comezará ás 10.45 horas no Pavillón de Fontiñas co acto inaugural co desfile das persoas deportistas. Posteriormente un atleta da Asociación ASPAS lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento” e unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos.Os Xogos darán comezo ás 12:00 horas na Piscina Universitaria de Santiago de Compostela, e desenvolveranse durante toda a xornada, prevendo que o acto de clausura sexa en torno ás 18:30 horas. En total son 15 as asociacións participantes, das cales 5 proveñen da provincia de Lugo, 4 de Ourense, 3 de Pontevedra e 3 de A Coruña.

Leer más:   A Coruña correrá su San Silvestre el 15 de enero

- Te recomendamos -
Artículo anteriorALERTA | Detectan fresas de Marruecos infectadas con Hepatitis A en Santiago de Compostela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.