Inicio Últimas Noticias Entra en vigor a nova zona ORA da contorna do Clínico

Entra en vigor a nova zona ORA da contorna do Clínico

MOBILIDADE
Entra en vigor a nova zona ORA da contorna do Clínico

06/03/2024 Tal e como estaba previsto, hoxe entrou en vigor a nova zona ORA da contorna do Hospital Clínico, despois dun periodo de adaptación de máis dunha semana desde o pintado e a instalación dos parquímetros. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, lembrou que as 287 prazas deste ámbito funcionan baixo o réxime xeral da ORA, pero coa particularidade de que non é obrigatorio mover o coche transcorridas dúas horas de estacionamento, como acontece noutras rúas da cidade. O edil mostrouse convencido de que o sistema “está a conseguir o seu primeiro obxectivo, que era eliminar os vehículos ventosa que permanecían aparcados durante semanas no mesmo sitio”.

Leer más:   A Axenda Urbana de Santiago reúne aos seis Grupos de Impulso e Seguimento, GIS

Xan Duro explicou que “despois dun periodo de adaptación de dez días, hoxe comezarán as sancións na zona ORA da contorna do Clínico, creada en resposta á alta demanda de aparcamento vinculada ao CHUS e diante da evidencia da presenza de numerosos vehículos ventosa neste ámbito”. De feito, apuntou, “desde o pintado da zona azul, hai dispoñibilidade de prazas de aparcamento nas rúas próximas ao Hospital que ata o de agora estaban saturadas”. Nese sentido, apuntou que o pasado luns, ás 10.30 horas da mañá había ata 65 espazos de estacionamento libres, e ás 13.30 horas eran 89 as prazas desocupadas.Funcionamento dos parquímetrosO concelleiro de Mobilidade explicou que “a día de hoxe os parquímetros instalados na nova zona ORA están plenamente operativos”, e lembrou que cando se detectan incidencias nas máquinas “o servizo de mantemento actúa de contado e, en calquera caso, non se impoñen sancións se se comproba a existencia dalgún tipo de erro de funcionamento”. Xan Duro tamén apuntou que nos últimos días detectáronse “problemas pola introdución de papeis polas rañuras destinadas ás moedas, que xa foron tamén solventados”.O edil reiterou que “a vontade do Goberno é contribuir a mellorar a situación do aparcamento na contorna do Hospital Clínico, sabendo que a solución definitiva require doutro tipo de medidas integrais, e tamén que o ordenamento dos vehículos estacionados no interior do recinto do CHUS correspóndelle ao Sergas”. Nese sentido, apuntou que “o Concello avaliará o funcionamento da ORA nas próximas semanas, e introducirá as melloras que se consideren necesarias no sistema”.A nova zona ORA da contorna do Hospital Clínico inclúe un total de 287 prazas de aparcamento, situadas na avenida de Barcelona (110 prazas), a rúa de Antonio Rama (32 prazas), rúa Manuel Caeiro (16 prazas), avenida de Bilbao (43 prazas), rúa Sempre en Galiza (40 prazas), e a rúa Valentín Varela Iglesias (22 prazas).

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Fallece el gran Martín Sánchez a los 58 años, el fenés que vivió bajo el puente de As Pías

- Te recomendamos -
Artículo anteriorALERTA | Detectan fresas de Marruecos infectadas con Hepatitis A en Santiago de Compostela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.