Inicio Últimas Noticias A instalación da fibra óptica na Cidade Histórica compostelá é xa unha...

A instalación da fibra óptica na Cidade Histórica compostelá é xa unha realidade para a veciñanza

CONSORCIO
A instalación da fibra óptica na Cidade Histórica compostelá é xa unha realidade para a veciñanza

06/03/2024 O Concello de Santiago foi o escenario do acto oficial de culminación da despregadura da fibra óptica, tras unha inversión de 2,6 millóns de euros.

A instalación da fibra óptica na Cidade Histórica compostelá conclúe a despregadura de obras e traballos realizados pola empresa operadora Orange. Os traballos foron executados tras unha inversión que superou os 2,4 millóns de euros por parte da operadora e de 238.000 euros por parte do Consorcio de Santiago. A despregadura permitiu o acceso á alta velocidade de máis de 6.000 vivendas, grazas aos máis de 21 km de fibra óptica instalados.A despregadura da fibra óptica foi realizada en 13 fases que se iniciaron unha vez aprobado o proxecto en xuño do 2020 e que tivo como ámbito de actuación as consideradas como “zonas brancas” no Plan Especial da Cidade Histórica, é dicir, áreas sen servizo de fibra óptica por parte de algunha empresa operadora. A despregadura enfrontaba retos técnicos e legais de fondo calado ao tratarse dun casco histórico de elevada protección patrimonial.Ao acto, que tivo lugar na mañá do mércores 6 de marzo, estiveron presentes a alcadesa de Santiago de Compostela e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, acompañada de Miguel Rodríguez Quelle subdirector da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), de Manuel Chaín, Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia xunto con Nani Fernández, directora de Relacións Institucionais de Orange e de Belén Hernández, xerente do Consorcio.Todos os presentes manifestaron a súa satisfacción pola boa colaboración público-privada entre as partes implicadas para executar con éxito a instalación da fibra óptica na Cidade Histórica. A colaboración comezou en novembro do 2019 tras unha consulta pública e aberta na que participaron a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Concello de Santiago; colaboración que para Miguel Rodríguez Quelle foi o resultado dun equipo de expertos que traballaron arreo pola chegada da fibra óptica á Cidade Histórica compostelá, respectando o seu marcado carácter patrimonial sen perder nunca de vista o obxectivo final de poñer este esencial servicio á disposición da veciñanza.Como resultado da convocatoria publicada, tres foron as empresas operadoras que presentaron unha proposta técnica de proxecto piloto para a instalación. Iniciábase así un longo proceso de colaboración entre diferentes axentes públicos e privados, empresas contratadas e equipo técnico humano para os que a alcaldesa agradeceu, unha vez máis, o seu traballo. A presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, congratulouse do éxito deste proxecto “de vital importancia para o asentamento de poboación e negocios na Cidade Histórica” e recordou que “non foi un proceso fácil” xa que foi necesario “atopar os equilibrios para dotar de servizos unha zona da cidade que debe estar viva e habitada”En palabras da xerente do Consorcio, desde a posta en marcha da convocatoria pública e ata a despregadura final da 13ª fase, todo o proceso e obstáculos que houbo que superar semellaba parecerse máis a unha serie de ficción, “como ben podería ser Las chicas del Cable”, engadiu. A xerente tamén fixo fincapé en que “a colaboración de todos os axentes implicados, que eran moitos, foi a clave do éxito”, e agradeceu tamén a extraordinaria colaboración veciñal coa que se contou en todo momento.Unha vez fixadas e evaluadas as condicións que debería seguir a instalación da fibra por parte da Comisión Asesora do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, a operadora Orange ofreceuse a realizar a despregadura. Instalación da que Nani Fernández remarcou o fito de ser unha despregadura pioneira que tivo Compostela como proxecto piloto e exitoso que foi trasladado a diferentes cidades patrimoniais en toda España.Levar a cabo a despregadura e conservar a estrutura patrimonial de Compostela foi todo un reto para organismos públicos e empresa operadora que tiveron que axustarse ás esixentes regulacións patrimoniais. Manuel Chaín, que tamén lembrou o nomeamento da cidade como ben declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO fai 39 anos, definiu moi ben a despregadura ao enmarcala como un fito necesario para “preservar o pasado e garantir o futuro”.Características técnicas da despregadura da fibra ópticaAs características patrimoniais da Cidade Histórica compostelá fixeron imprescindibles unha serie de condicións para a instalación da fibra óptica co obxectivo de minimizar ao máximo o impacto visual, respectar e coidar os elementos patrimoniais da cidade. Entre elas, foi necesario o deseño especial das pequenas caixas “Compostela” deseñadas pola empresa COMMSCOPE para a operadora Orange, que implementou e facilitou a adaptación das caixas á arquitectura patrimonial de Santiago. En total, máis de 1.000 caixas “Compostela”. Ademais, da prohibición de novos pasos aéreos, a instalación dunha rede aberta – que debe ser compartida por todos os operadores – e acometidas específicamente definidas para cada fachada. Ao finalizar a súa intervención, Nani Fernández, fixo entrega dunha destas peculiares caixas á alcaldesa.Todos os intervintes deron as grazas aos técnicos e persoal da operadora Orange, do Concello, de Amtega, da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, a Comisión Asesora do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, así como das asistencias técnicas, empresas subcontratadas para a execución da despregadura e tamén a colaboración constante da veciñanza.

Leer más:   O alcalde recibiu a Paul Daniel, que dirixirá hoxe a Real Filharmonía no tradicional concerto de Reis

- Te recomendamos -
Artículo anteriorALERTA | Detectan fresas de Marruecos infectadas con Hepatitis A en Santiago de Compostela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.