Inicio Últimas Noticias A Real Filharmonía de Galicia estrea a obra ‘De mar a mar’...

A Real Filharmonía de Galicia estrea a obra ‘De mar a mar’ do compositor galego Jacobo Gaspar

CAPITAL CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia estrea a obra ‘De mar a mar’ do compositor galego Jacobo Gaspar

05/03/2024 O programa, que leva por título ‘Ondas de inspiración’, tamén inclúe obras de Stravinski e Schumann e será dirixido por Johanna Malangré. Enmarcado no ciclo (EN)FOCO, o concerto contará cos comentarios da musicóloga Rosa Fernández e desenvolverase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia o venres, 8 de marzo ás 20.30 horas

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres, día 8 de marzo, un novo concerto da súa tempada ‘Migracións’. Baixo o título ‘Ondas de inspiración’, o programa abre coa estrea absoluta dunha obra encargada pola propia orquestra ao compositor Jacobo Gaspar. En De mar a mar o mestre galego explora as diversas posibilidades expresivas do son a través de texturas e referencias poético-musicais. A peza reflicte as características do seu autor, quen parte da modernidade e aposta por unha expansión dos medios e das técnicas instrumentais a través de novas liñas de traballo coas e cos intérpretes e na procura dunha concepción de escoita pensada en dilatar a experiencia sensorial do público. Ademais desta composición, soarán tamén no concerto as Danses Concertantes de Igor Stravinski e a Sinfonía núm. 2 en Do Maior, Op 61 de Robert Schumann.Nesta ocasión será a alemá Johanna Malangré, directora titular da Orquestra Nacional de Picardie, directora asistente da Orquestra Contemporánea do Festival de Lucerna e directora musical da Orquestra do Festival Hidalgo, quen levará a batuta da orquestra. Malangré, recoñecida pola súa musicalidade contaxiosa e o seu liderado imaxinativo, destaca por abrir novos camiños a través programas non convencionais e novos formatos de concertos destinados a presentar a música orquestral clásica a un público máis diverso. Ao abeiro do ciclo (EN)Foco, que comparte este obxectivo, o concerto contará con comentarios e explicacións do programa a cargo da musicóloga Rosa Fernández.As entradas, de balde para as persoas abonadas e a un prezo de 10 euros para o público xeral, poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberto de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e no do Auditorio de Galicia (aberto o día do concerto dende unha hora antes do seu inicio).Ademais do concerto en Compostela, a RFG levará o programa ao Teatro Afundación de Vigo o xoves, día 7 de marzo ás 20.00 horas. Neste caso, as entradas poden ser adquiridas na plataforma ataquilla.com a partir de 11,70 euros.Ciclo EN(Foco)Os concertos (EN)FOCO da RFG son eventos especiais dunha hora de duración que inclúen comentarios ao programa da man de figuras expertas para que o público, especialmente aquelas persoas que se achegan por primeira vez a un concerto de música clásica, coñezan mellor as obras interpretadas.

Leer más:   A Maker Faire Galicia pecha o call for makers con record de proxectos presentados e avanza os primeiros contidos para a súa IX edición

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl exbanquero Ángel Ron impugnará la decisión judicial y adelanta pruebas ‘contundentes’ que invalidan ‘la postura del instructor’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.